Alexandr Romankov (en ruso: Александр Романьков), nado en Korsakov o 7 de novembro de 1953, é un tirador de esgrima belaruso, xa retirado, gañador de cinco medallas olímpicas coa Unión Soviética, considerado un dos mellores esgrimistas do século XX, a súa modalidade é o florete.
Traxectoria Representante do Dinamo de Minsk adestrou toda a súa carreira con Ernst Asiyevsky. A súa primeira participación importante foi en 1970 nos Campionatos Mundiais da Xuventude, onde quedou de 12º. O seu primeiro triunfo foi en 1973 ao vencer nos campionatos nacionais soviéticos o que resultou en ser incluído na selección nacional, e un mes despois gañou o Campionato do Mundo Романьков Александр Анатольевич (фехтование) , acontecido en Grenoble. Participou, aos 22 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, gañando a medalla de prata na competición individual de florete e o cuarto posto na proba por equipos desa modalidade. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova logrou a medalla de bronce na proba individual e a de prata por equipos. Ausente dos Xogos Olímpicos de 1984 dos Ánxeles polo boicot político realizado polas autoridades soviéticas, nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl revalidou o seu bronce na proba individual e gañou a de ouro por equipos.
Foi campión dezasete veces do seu país na modalidade de florete individual ou por equipos e ao longo da súa carreira gañou vinte e unha medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, doce delas de ouro.
En 1993 graduouse como profesor de educación física. Como mestre de esgrima adestrou ás seleccións nacionais de Australia, Belarús e Corea do Sur e é presidente da Federación de Esgrima de Belarús Alexander Romankov. International Carity Fund For Future of Fencing Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.olympic.org - Alexandr Romankov www.sports-reference.com - Alexandr Romankov
Categoría:Esgrimistas de Belarús Categoría:Nados en 1953 Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Adestradores deportivos Categoría:Directivos de esgrima Categoría:Mestres de armas Categoría:Nados no óblast de Sakhalin Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Esgrimistas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1988