Galicia Solidaria foi un semanario editado na Coruña entre 1907 e 1908. Historia e características Apareceu o 29 de xuño de 1907. Heraldo da facción republicana e esquerdista de Solidaridad Gallega, publicábase os luns. O seu xerente era Antonio Santiago Taín, vocal da Junta Solidaria da Coruña, e estaba dirixido por José Rodríguez Martínez (o Médico Rodríguez). O semanario emprendeu iniciativas de carácter político e cultural como a publicación do folleto Catecismo solidario (elaborado sobre o patrón do Catecismo do labrego), do que se realizou unha tiraxe de 10 000 exemplares en edición bilingüe (galega e castelá), distribuídos en feiras e mitins como unha nova forma de propaganda agraria; e o lanzamento de Conversa entre Xacobe e Farruco por entregas. Desapareceu en decembro de 1908 debido ao abandono do movemento por parte dos seus principais promotores.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa agraria Categoría:1907 en Galicia