miniatura|Un dos púlpitos da Catedral de Santiago, considerada a obra mestra de Celma Juan Bautista Celma, nado en Aragón cara a 1540 e finado en Santiago de Compostela en 1608, foi un pintor, escultor e forxador que traballou en Galicia desde 1564 ata a súa morte. Trátase dunha figura fundamental na arte do Renacemento en Galicia.
Foi sobriño de Juan Tomás Celma (1515-1578), tamén pintor e forxador, con quen aprendeu a arte da forxa.
Obras Nese ano de 1564 foi chamado polo cabido da Catedral de Santiago de Compostela para que fixera o deseño de dous púlpitos cos que substituír os que se colocaran ante a capela maior en 1527. Os púlpitos debían ser de bronce e se debían fundir en Flandres, que daquela tiña sona de ser os mellores. Nese momento, Celma tiña ó redor de 24 anos e cabe supoñer que fose o seu tío Juan Tomás quen lle puxo en contacto co cabido compostelán, pois se sabe que estaba traballando en Galicia facendo reixas para igrexas de Ourense e Santiago, ademais de facer, en Valladolid as do mosteiro de San Bieito.
Non se sabe se cumpriu o encargo ou non, pero o proxecto dos púlpitos quedou paralizado. Celma marchou a Oviedo para rematar outros traballos que tiña empezados e regresou a Galicia en 1568 para establecerse definitivamente en Santiago, o que non impediu que fose traballar ocasionalmente a outras cidades galegas e españolas, como Ourense.
miniatura|esquerda|A Exaltación de San Pedro, na bóveda da capela da Azucena da Catedral de Santiago Na Catedral de Santiago, onde traballou durante máis de 30 anos seguidos, unha das súas primeiras actuacións (1569) foi unha serie de cinco grandes táboas que pechaban os espazos entre as columnas da capela maior. Estaban pintadas polas dúas caras para ser contempladas desde a capela e desde o deambulatorio e representaban, na cara do altar, escenas da vida e paixón de Cristo, e, na cara do deambulatorio, os misterios gloriosos do Rosario. Hoxe só se conserva parte dunha delas no Museo da Catedral, no que se ve un fragmento da Resurrección, por unha cara, e da Epifanía, pola outra. Outra obra súa son as pinturas murais da bóveda e paramentos da capela da Azucena, que representan a Exaltación de San Pedro e a Conversión de San Paulo.
Tamén son obra súa os sepulcros do cardeal Xoán Martínez Ternero (1581) e de Mencía de Andrade (1582), conservados nas capelas da Catedral de Santo André e da Azucena respectivamente; e o do arcebispo Xoán Vidal nas escaleiras da Azabachería.
Así mesmo é de Celma o busto do papa San Clemente, tamén en bronce, que a Catedral expón na capela das Reliquias.
miniatura|Mecanismo do Botafumeiro En 1604 deseñou e dirixiu a construción da estrutura metálica que soporta as poleas que permiten o movemento pendular do Botafumeiro, por encargo do arcebispo Juan de Sanclemente
Tamén é de Celma un Cristo crucificado en madeira, hoxe no Museo da Catedral.
Entre as obras de Celma noutras localidades galegas cómpre citar as reixas da Catedral de Ourense forxadas en 1589 (fixo as da capela maior, do Rosario, da Virxe das Neves e do Santo Cristo, ademais das do coro) e os púlpitos desta mesma catedral (1589), que fixo por encargo do arcebispo Sanclemente como regalo á súa antiga diocese. Son semellantes ós de Compostela pero máis sinxelos e construídos en ferro. Como escultor en madeira tallou diversos retablos, dos que só se conserva o da igrexa de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) (1576) así como un Cristo da igrexa do Colexio de Fonseca, hoxe no Museo da catedral. Tamén pintou o retablo maior do Santuario da Virxe dos Remedios de Vilamaior do Val (en Verín) e consérvase unha táboa sobra a lamentación de Cristo morto, na sancristía do colexio das Orfas (Santiago).
Fóra de Galicia, temos o retablo de Santo Estevo de Orón, en Miranda de Ebro (Burgos), ou as reixas do coro da catedral de Plasencia, en Cáceres.
Púlpitos da Catedral miniatura|Púlpito do lado do Evanxeo miniatura|Un dos relevos deste púlpito, obra de Antonio de Arfe, representando o milagre do galo e a galiña de Santo Domingo de la Calzada. A que se considera a súa obra mestra son os dous púlpitos, en bronce da Catedral. Quince anos despois daquela primeira encarga de 1564, o cabido catedralicio decide en 1578 retomar o proxecto (esquecendo a condición de que se fixeran en Flandres) e acorda que:
Aínda que consta a compra e o pago do metal ós poucos días daquel acordo, Celma non comeza a traballar nos púlpitos ata dous anos despois, cara 1580, senón que se dedica a rematar outras obras empezadas, como as reixas da capela de Santo André, na mesma Catedral, e a do coro da Catedral de Tui.
O atraso na entrega da obra orixina dúas duras recriminacións do cabido (o 4.02.1583 e o 24.05.1583):
Por fin se dan por rematados e entregados en 1584 (segundo Amelia Gallego) ou 1586 (segundo a Gran Enciclopedia Galega). Semella que o cabido quedou satisfeito porque ordenou o pago inmediato cando Celma presentou a conta total da obra o 4 de xuño de 1584, se ben o certo é que non se cancelou a débeda ata 1586.
Nos dous casos o pé está formado por tres torsos humanos soldados, a modo de atlantes, coas pernas substituídas por follas de acanto. Coas cabezas sosteñen un capitel e, sobre este, as bases dos púlpitos, decorada a maior con seis harpías, no caso do púlpito do lado do Evanxeo, e seis tritóns, no do lado da Epístola. Na base grande consta a autoría:
Sobre a base hai un zócolo hexagonal con seis escenas da vida do Apóstolo separadas por resaltes coas imaxes dos doce apóstolos, seis en cada púlpito, obra do prateiro compostelán Duarte de Cedeira. Os relevos do púlpito do lado do Evanxeo reproducen os da custodia do ourive castelán Antonio de Arfe; os do púlpito do lado da Epístola son propios de Celma. Finalmente, érguese a balaustrada.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Amelia Gallego de Miguel: "En torno a la polifacética actividad de Juan Tomás y Juan Bautista Celma", en Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, Tomo 56, 1990, pp 499–517. Barral Iglesias, Alejandro e Suárez Otero, José: Catedral de Santiago de Compostela y Museo. Edilesa, León 2003. Gran Enciclopedia Galega, s.v. "Celma, Juan Bautista". Yzquierdo Peiró, Ramón: Museo Catedral de Santiago. Cabido da catedral 2011, 88. Ligazóns externas Bibliografía de en pintoresgallegos.com.
Categoría:Escultores do Renacemento Categoría:Nados en 1540 Categoría:Finados en 1608 Categoría:Nados en Aragón Categoría:Pintores de Galicia do século XVI Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público