Listeria monocytogenes é unha especie de bacterias grampositivas que causa unha infección chamada listeriose. É un organismo anaerobio facultativo, que pode sobrevivir en presenza ou en ausencia de oxíxeno. Pode crecer e reproducirse dentro das células hóspede e é un dos patóxenos máis virulentos que poden estar presentes nos alimentos, ata o punto de que entre o 20 e o 30 % das infeccións clínicas por esta bacteria acaban sendo mortais. A listeriose é a principal causa de morte por infeccións alimentarias, superando en taxas de mortalidade a Salmonella e Clostridium botulinum.
Presenta motilidade por medio de flaxelos a 30 °C ou menos, pero xeralmente non a 37 °C, L. monocytogenes pode moverse entre as células eucariotas sen usar os flaxelos pola polimerización explosiva de filamentos da proteína actina, o que se coñece como "colas de cometa" ou "foguetes de actina".
Algúns estudos suxiren que ata o 10% do tracto gastrointestinal humano pode estar colonizado por L. monocytogenes. Con todo, as enfermidades clínicas debidas a L. monocytogenes son máis frecuentes en veterinaria que en medicina humana, especialmente as meningoencefalites en ruminantes.
Debido á súa frecuente patoxenicidade, que causa meninxite en neonatos (adquirida transvaxinalmente), as nais grávidas deben ter coidado ao comeren queixos que poidan estar contaminados coa bacteria. É a terceira causa máis común de meninxite en neonatos.
Clasificación L. monocytogenes é unha bacteria grampositiva, non formadora de esporas, móbil, anaerobia facultativa, e de forma bacilar (0,4 a 0,5 microns x 0,5 a 1,2). É catalase positiva e oxidase negativa, e expresa unha beta-hemolisina, que causa a destrución dos glóbulos vermellos do sangue. Mostra unha característica motilidade dando voltas ollada con microscopio óptico. Aínda que L. monocytogenes é activamente móbil utilizando os seus flaxelos peritricos a temperatura entre 20−25 °C, pero o organismo non utiliza flaxelos á temperatura corporal de 37 °C.Todar, K. (2008). "Listeria monocytogenes". Todar's Online Textbook of Bacteriology. Retrieved January 28, 2009.
O xénero Listeria pertence á clase Bacilli, e á orde Bacillales, na que tamén están incluídos os xéneros Bacillus e Staphylococcus. das especies clasificadas no xénero Listeria hai dúas, L. ivanovii e L. monocytogenes, que son patóxenas de animais, como os ratos, pero só L. monocytogenes está demostrado que produce enfermidades en humanos.Seafood HACCP Alliance (2007). "Compendium of Fish and Fishery Product Processes, Hazards, and Controls, Chapter 15: Listeria monocytogenes". Seafood Network Information Center. Retrieved January 28, 2009. Hai 13 serotipos de L. monocytogenes que poden causar enfermidades, pero máis do 90 % dos illados humanos pertencen só a tres deles, que son: 1/2a, 1/2b, e 4b. As cepas do serotipo 4b de L. monocytogenes son responsables dos principais casos de enfermidades de orixe alimentaria humanas en Europa e Norteamérica e de entre o 33 e o 50 % dos casos esporádicos no mundo desde a década de 1980.
Historia O nome do xénero Listeria púxose en honor do médico británico Joseph Lister. A especie L. monocytogenes foi descrita por primeira vez por E.G.D. Murray en 1926 baseándose en seis casos de mortes repentinas de crías de coellos.Murray, E.G.D., Webb, R.E., Swann, M.B.R. 1926. A disease of rabbits characterized by a large mononuclear leucocytosis, caused by a hitherto undescribed bacillus Bacterium monocytogenes (n. sp.). J. Pathol. Bacteriol. 29: 407– 439. Murray denominou ao organismo Bacterium monocytogenes pero despois Harvey Pirie cambioulle o nome polo de Listeria en 1940. O epíteto monocytogenes débese a que extractos da súa membrana poden estimular (xerar) a produción de monocitos no coello, aínda que non no ser humano.Patrick R. Murray; Ken S. Rosenthal; Michael A. Pfaller (2009). «Capítulo 25: Listeria y Erysipelothrix». En Patrick R. Murray. Microbiología Médica (6a edición). España: Elsevier-Mosby. pp. 225-260. ISBN 978-84-8086-465-7. OCLC 733761359. http://books.google.com.mx/books?id=GZ1-JI9AmI8C&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1. Consultado 31 de xullo 2013. Aínda que as descricións clínicas da infección por L. monocytogenes en animais e humanos se publicaron na década de 1920, ata 1952 en Alemaña Oriental non foi recoñecida como unha causa significativa de sepse e meninxite neonatal.Potel, J. 1952. Zur Granulomatosis infantiseptica. Zentr. Bakteriol. I. Orig. 158: 329-331 A listeriose en adultos sería despois asociada con pacientes con sistemas inmunitarios comprometidos, como os que toman fármacos inmunosupresores e corticosteroides para tratar tumores malignos ou transplantes de órganos, e tamén os que teñen infección por VIH/SIDA.
Ata 1981 L. monocytogenes non foi identificada como causa de enfermidades de orixe alimentaria. Naquel ano un estalido de listeriose na cidade de Halifax, Nova Escocia na que se produciron 41 casos e 18 mortes, principalmente en mulleres preñadas e neonatos, foi ligada epidemioloxicamente co consumo de ensalada de col que fora fertilizada con esterco de ovella contaminado con L. monocytogenes. Desde entón, L. monocytogenes é recoñecida como un importante perigo na industria da alimentación.Ryser, E.T., Marth, E.H. (Eds.) 1999. Listeria, Listeriosis, and Food. Safety, 2nd edn. Marcel Dekker, New York.
Patoxénese miniatura|esquerda|300px|Estadio do ciclo de vida intracelular de Listeria monocytogenes. (Centro) Figuras que ilustran a entrada, escape do vacúolo, nucleación da actina, motilidade baseada na actina, e dispersión de célula a célula. (Arredor) Micrografías electrónicas representativas nas que se basean as figuras do centro. LLO, PLCs, e ActA descríbense no texto. Adaptado de Tilney e Portnoy (1989).
A infección invasiva por L. monocytogenes causa a enfermidade chamada listeriose. Cando a infección non é invasiva, a enfermidade consecuencia desta infección denomínase gastroenterite febril. Entre as manifestacións da listeriose están a septicemia,Gray, M. L., and A. H. Killinger. 1966. Listeria monocytogenes and listeric infection. Bacteriol. Rev. 30:309-382. meninxite (ou meningoencefalite), encefalite, úlcera corneal, pneumonía, e infeccións intrauterinas ou de cérvix en mulleres embarazadas, o que pode orixinar aborto espontáneo (no segundo ou terceiro trimestre) ou morte fetal. Os neonatos que sobreviven poden sufrir unha granulomatose (granulomas pióxenos distribuídos por todo o corpo) e atraso físico. Estes trastornos son xeralmente precedidos por síntomas parecidos aos dunha gripe, como febre persistente. Os síntomas gastrointestinais, como náuseas, vómitos e diarreas, poden preceder a formas máis serias de listeriorse ou poden ser os únicos síntomas.
Un estudo inicial suxeriu que L. monocytogenes era a única bacteria grampositiva que posuía lipopolisacárido, que lle servía como endotoxina, pero posteriormente viuse que non era unha verdadeira endotoxina. As paredes celulares da bacteria sempre conteñen ácidos lipoteicoicos, nos cales un resto glicolípido, como o galactosil-glicosil-diglicérido, está ligado covalentemente ao fosfomonoéster terminal do ácido teicoico. Esta rexión lipidica ancora a cadea do polímero á membrana plasmática. Estes ácidos lipoteicoicos lembran aos lipopolisacáridos das bacterias gramnegativas en estrutura e función, e son os únicos polímeros anfipáticos na superficie celular.
L. monocytogenes ten residuos de D-galactosa na súa superficie que poden unirse a receptores de D-galactosa na superficie da célula hóspede. Estas células hóspede adoitan ser as células M e as das placas de Peyer da mucosa intestinal. Unha vez unidas a estas células, L. monocytogenes pode atravesar a mucosa intestinal e entrar no corpo.
A dose infectiva de L. monocytogenes varía segundo a cepa e a susceptibilidade da vítima. Nos casos contraídos a partir de leite sen pasteurizar ou supostamente pasteurizado, pódese asumir que en persoas susceptibles, abonda con menos de 1.000 organismos totais para causar enfermidade. L. monocytogenes pode invadir o epitelio gastrointestinal. Unha vez que a bacteria entra nos monocitos, macrófagos, ou leucocitos polimorfonucleares do hóspede, convértese nunha septicemia no sangue e pode proliferar. A súa presenza intracelular en células fagocíticas tamén lle permite acceder ao cerebro e probablemente facer unha migración transplacentaria ata o feto nas mulleres embarazadas. A patoxénese de L. monocytogenes céntrase na súa capacidade de sobevivir e multiplicarse nas células fagocíticas. Parece que esta bacteria inicialmente evolucionou para poder invadir as mucosas intestinais como unha infección intracelular, e desenvolveu un mecanismo químico para facelo no que intervén a proteína bacteriana internalina, que se une á proteína cadherina da membrana plasmática da célula intestinal. Estas moléculas de adhesión tamén se encontran noutras dúas robustas barreiras do coropo humano, como son a barreira hematoencefálica e a barreira placentaria, e isto pode explicar a aparente afinidade de L. monocytogenes por causar meninxites e afectar aos fetos.
Regulación da patoxénese L. monocytogenes pode actuar como saprófita ou como patóxena, dependendo das condicións do seu ambiente. Cando a bacteria está presente nun organismo hóspede, o fenómeno da percepción do quórum ou quorum sensing causa a regulación á alza de varios xenes de virulencia. Dependendo da localización da bacteria no organismo hóspede, diferentes activadores regulan á alza os xenes da virulencia. O factor SigB é un factor sigma alternativo que regula os xenes Vir nos intestinos, mentres que o PrfA regula á alza a expresión de xenes cando a bacteria se encontra no sangue. Pouco se sabe sobre como esta bacteria cambia de actuar como saprófita a como patóxena; porén, pénsase que son necesarios varios ARNs non codificantes de L. monocytogenes para inducir este cambio.
Patoxenicidade de distintas liñaxes L. monocytogenes ten tres liñaxes, con historias evolutivas e potenciais patoxénicos diferentes. As cepas da liñaxe I son a maioría dos illados clínicos humanos e todos os clons epidémicos humanos, pero están infrarrepresentados nos illados clínicos animais. As cepas da liñaxe II están sobrerrepresentados nos casos animais e todo o contrario nos casos clínicos humanos, e son máis prevalentes en mostras tomadas do ambiente e de alimentos. Os illados da liñaxe III son moi raros, pero significativamente máis comúns nos animais que nos illados humanos.
Detección CultivosCultivo en sangue de cabalo de Listeria monocytogenes.Proba de CAMP de Listeria monocytogenes. dereita|miniatura|200px|Colonias de Listeria monocytogenes típica como aparecen cando se cultivan en ágar selectivo para Listeria.
Proba de Anton: é unha proba usada na identificación de L. monocytogenes; a instilación dun cultivo en saco conxuntivo de ollo de coello ou coello de Indias causa unha grave queratoconxuntivite en 24 horas.http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/Anton+test
Cultivo: Listeria crece en medios como o ágar de Mueller-Hinton. A identificación vese potenciada se os cultivos primarios se fan en ágar que conteña sangue de ovella, porque pode observarse a pequena zona característica de hemólise arredor e baixo as colonias. O illamento pode mellorarse se o tecido de procedencia se mantén a 4 °C durante algúns días antes de facer a inoculación no medio de cultivo bacteriolóxico. O organismo é un anaerobio facultativo e é catalase positivo e motil. Produce ácido pero non gas con diversos carbohidratos.Chapter 13. Non-Spore-Forming Gram-Positive Bacilli: Corynebacterium, Propionibacterium, Listeria, Erysipelothrix, Actinomycetes, & Related Pathogens ,Jawetz, Melnick, & Adelberg's Medical Microbiology, 24th Edition ,The McGraw-Hill Companies A motilidade á temperatura dunha habitación e a produción de hemolisina son datos fundamentais para diferenciala das bacterias corineformes.