Anatolii Nicoláevich Svetovidov (en ruso Световидов, Анатолий Николаевич), nado en Feryazkino, condado de Staritskii, provincia de Tver, Imperio ruso, o 21 de outubro (3 de novembro) de 1903 e finado en Moscova o 26 de abril de 1985, foi un zoólogo ruso especializado en ictioloxía.
Traxectoria
En 1925 graduouse na Academia Agrícola de K. A. Timiríazev (Moscova) e, a partir de 1932, traballou no Instituto Zoolóxico da Academia de Ciencias da URSS, especialmente no estudo das variacións intraespecíficas, así como na taxonomía de peixes e na filoxenia baseada na morfoloxía comparativa e funcional.
Tamén estudou a dinámica das poboacións, a orixe e a distribución xeográfica dos peixes, especialmente do bacallau e o arenque.Svetovidov, Anatolii en The Free Dictionary.
En 1953 foi nomeado membro correspondente da Academia de Ciencias da URSS.
Foi o creador da subfamilia dos Merlucciinae en 1948.Merlucciinae en WoRMS.
Faleceu en Moscova o 26 de abril de 1985, aos 81 anos, está soterrado no cemiterio de Komarovske de San Petersburgo.
Principais obras 1931 – "Materiais para a taxonomía e bioloxía dos tímalos do lago Baikal". Proc. da Estación limnolóxica do Baikal. Academia Rusa das Ciencias. T. 1.-S. 19-199. 1936 – "O tímalo eurasiático (xénero Thymallus Cuvier)". Proc. Zool. Instituto da Academia Rusa das Ciencias. T. 3. S. 183-301. 1943 – "O xénero Alosa nos mares Caspio e Negro e as condicións da súa especiación". Zool. Journal. 22 (4) S.: 222-232. 1948 – Fauna da URSS. Peixes. Gadiformes. Leningrado: ANSSSR. T. IX. Número 4. 22, 1948* 1952 – Fauna da URSS. Peixes. Volume 2, nº 1. Clupeidos (Clupeidae). Moscova-Leningrado: Editorial da Academia Rusa das Ciencias (ANSSSR). 1964 – Peixes do Mar Negro. Moscova: Nauka.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anatolii Svetovidov na páxina web oficial da Academia de Ciencias Rusa. Laboratorio de Ictiloloxía
Categoría:Zoólogos de Rusia Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados no óblast de Tver