O ducado de Bérgamo foi unha das entidades territoriais que formaron o reino dos longobardos. Creado sobre o 570, pouco despois da invasión guiada por Alboíno, cesou de ser sede ducal no 702. A constitución do ducado Coa invasión do 568 guiada por Alboíno tamén Bérgamo cae so o dominio longobardo, asumindo unha importancia notábel pola súa posición xeopolítica. Bérgamo, de feito, constituía o cruzamento de camiños entre as estradas militares que unían o Friúl coa parte occidental da Chaira padana e con Pavia, capital do reino.
Tras a morte de Alboíno e a de Cleph, o seu sucesor, o reino cae no que foi definida a anarquía longobarda (Período dos duques), durante dez anos, nos cales gobernaron os duques; en Bérgamo gobernou Wallari, que foi, xa que logo, o primeiro duque de Bérgamo e do seu territorio no primeiro tumultuoso período da conquista longobarda aínda non consolidada.
O período era particularmente difícil, Italia non se recuperara da desastrosa guerra greco-gótica cando outra invasión, a longobarda, se abateu sobre un territorio semidestruído e sobre unha poboación escasa e reducida á fame. Tamén Bérgamo e o seu ducado, que libraran dos anteriores sucesos bélicos sufriu as duras condicións da conquista longobarda.
A Rebelión de Gaidulfo Coa elección como rei de Autario e a reconstitución do reino (584) a situación política estabilizouse e melloraron as condicións de vida da poboación indíxena sometida; o ducado de Bérgamo, entendido como complexo político-militar, pero aínda non territorial, estaba entre os máis importantes e aguerrido tanto como para impedir a Gaidulfo, sucesor de Wallari, que se rebelase, xunto con outros, contra o novo rei, Axilulfo, e sostivese con el un conflito armado. Os rebeldes contábanse sobre todo entre os que, no curso das campañas militares do 590, desertaran do líder longobardo para unirse a francos e bizantinos: eses non aceptaron inmediatamente a Axilulfo como rei, e o soberano foi obrigado a conquistar coas armas a fidelidade. Venceu en varias ocasións os rebeldes, pero a revolta durou ata o 594, cando Axilulfo venceu e condenou ao patíbulo como traidores moitos dos duques rebeldes, incluído Gaidulfo.
As vicisitudes de Gaidulfo é emblemática da forza do grupo de poder que rexía o ducado, polo menos nas expectativas do duque mesmo se ao final a súa revolta se demostrou efémera.
A supresión do ducado left|200px|thumb|A Basílica autarena de Fara Gera d'Adda (Bérgamo) Na segunda metade do século VII o ducado, seguindo a evolución xeral do reino longobardo, alternou fases de maior autonomía con outras de control máis marcado por parte do poder central, en particular durante os reinados de Grimoaldo, Perctarito e Cuniperto. Paralelamente, afirmábase case universalmente a relixión católica, sostida pola dinastía bávara a menoscabo doutras eleccións relixiosas, xa minoritarias dos longobardos (paganismo, arianismo, Cisma tricapitolino). En Bérgamo púxose en evidencia a forza nacente do bispo na persoa de Xoán, figura particularmente carismática, que devolveu ao culto católico a Basílica autariana de Fara Gera d'Adda, ata o daquela dedicada ao culto ariano.
A transición entre os séculos VII e século VIII foi un momento de grave confusión no reino longobardo, con loitas sanguentas que opuxeron a varios pretendentes ao trono. O último duque de Bérgamo, Rotarit, á morte do rei Cuniperto aliñouse no flanco do herdeiro ao trono, o menor de idade Liutperto, e do seu titor Ansprando. Vencido unha primeira vez por Raghinperto (700) e outra segunda por Ariperto II (702), encerrouse na súa Bérgamo e proclamouse rei. Ariperto marchou contra el, venceuno tras un sanguento cerco e, despois de afeitarlle a cabeza e a barba como signo de desprezo (era o tratamento aplicado a escravos e prisioneiros de guerra), relegouno a Turín onde o fixo matar. O ducado foi suprimido e reducido a gastaldato gobernado directamente polo rei a través de homes da súa confianza.
Bérgamo e o seu territorio volveron adquirir unha estrutura política autónoma só despois a conquista da Italia setentrional por parte de Carlomagno, no 774. O emperador elevou de feito a Bérgamo a sede dun condado.
Véxase tamén Bibliografía Bortolo Belotti, Storia di Bergamo e dei Bergamaschi Bergamo, Bolis, 1989. SBN LO10072984 Jörg Jarnut, Bergamo 568-1098. Bergamo, Archivio Bergamasco, 1980. SBN MIL0010412 Jörg Jarnut, Storia dei longobardi, Torino, Einaudi, 2002. ISBN 88-464-4085-4
Outros artigos ducados longobardos. Condado de Bérgamo. longobardos. Historia de Bérgamo.
Categoría:Ducado de Bérgamo