Blacksad é unha serie de banda deseñada creada polos autores Juan Díaz Canales (escritor) e Juanjo Guarnido, publicada pola editorial francesa Dargaud. Malia que os dous autores son españois, o público principal de Blacksad está no mercado francés e por iso publican tódolos volumes primeiro en francés. A edición española acostuma publicarse un mes máis tarde. O primeiro volume Quelque part entre les ombres (literalmente Un lugar entre as sombras) foi publicado en novembro de 2000. O segundo, Arctic-Nation, publicouse no 2003 e o terceiro, Âme Rouge (Alma vermella), no 2005. O cuarto, L'Enfer, Le silence (O inferno, o silencio), lanzouse en setembro de 2010.

Guarnido e Díaz Canales recibiron numerosos premios por Blacksad, incluíndo tres nomeamentos ós Premios Eisner e un premio Angoulême.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Black en Guía del Cómic

Categoría:Revistas de banda deseñada Categoría:Detectives de ficción