Aladár Gerevich, nado en Jászberény o 16 de maio de 1910 e finado en Budapest o 14 de maio de 1991, foi un tirador de esgrima húngaro especializado en sabre, gañador de dez medallas olímpicas, sete delas de ouro.
Traxectoria Gerevich é polo seu palmarés un dos deportistas olímpicos máis recoñecidos da historia. Xunto á alemá Birgit Fischer ten o mérito de gañar medallas de ouro en seis citas diferentes, e é o único que venceu na mesma proba (sabre por equipos) seis veces, con vinte e oito anos de diferenza entre a primeira e a última vez, só superado en 2012 polo xinete Mark Todd. Ademais triunfou en repetidas ocasións no Campionato do Mundo de Esgrima. Dentro da súa familia tanto a súa dona Erna Bogen, como o seu sogro Albert Bogen e o seu fillo Pal Gerevich gañaron medallas olímpicas en esgrima.
Perfeccionou a súa técnica co mestre de armas italiano Italo Santelli. Participou nos Xogos Olímpicos de 1932 levando a medalla de ouro por equipos, revalidando o título en 1936 canda a medalla de bronce en individual, en 1948 onde tamén o fixo coa de bronce, en 1952 levando tamén prata en sabre individual e florete por equipos, en 1956 e 1960. Durante a selección para estes últimos xogos olímpicos o comité nacional de esgrima cuestionou a súa escolla pola súa idade, e para acalar as queixas Gerevich retou a cada compoñente do equipo húngaro de sabre a baterse con el, vencendo individualmente a todos e cada un deles.
Ao longo da súa carreira foi nove veces campión do mundo, cinco europeo e trinta e catro húngaro.
Véxase tamén Ligazóns externas www.olympic.org - Aladár Gerevich www.sports-reference.com - Aladár Gerevich
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Hungría Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Hungría Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Hungría Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Hungría Categoría:Nados no condado de Jász-Nagykun-Szolnok Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1936 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1936 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1948 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1952 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1960