Este artigo trata sobre a cabaza, para as plantas herbáceas chamadas cabaciñas "Silene latifolia" e "Silene dioica" véxase artigo subiote.
A cabaciña é unha variedade da especie de cucúrbita (Cucurbita pepo), unha planta herbácea anual da familia das cucurbitáceas, oriúnda de América do Norte, cuxo froito se emprega como alimento. Na actualidade é tamén cultivada extensamente en todo o mundo. Dependendo da variedade, a cabaza varía en forma e tamaño. A cabaciña coñécese internacionalmente cos nomes zucchini (do italiano) e courgette (do francés). En portugués coñécese como aboborinha, en castelán coma calabacín e en inglés marrow ou squash.
Descrición dereita|miniatura|200px|Cabaciña de gran tamaño en Oroso (Galiza). É unha planta rastreira que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero e sarmentoso e con follas pubescentes, lobuladas e acorazonadas. As grandes flores amarelas son unisexuais; as masculinas teñen os estames soldados en forma de piar e en ambos sexos o cáliz está unido á corola.
Os froitos son oblongos e varían moito en tamaño, dependendo da variedade. A pela é lisa e dura e tamén varía na cor. As variedades que se sementan en maio ou xuño son de pela averdada-abrancazada, mentres que as sementadas polo outono son de tona escura.
Como todas as cucurbitáceas, Cucurbita pepo hibrida doadamente con outras especies afíns; esa é unha das causas da frecuente confusión entre as mesmas, das cales algunhas (como Cucurbita maxima e Cucurbita moschata) se cultivan tamén polo seu froito. Existen multitude de cultivares de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg.
Composición Cucurbita pepo ten un alto contido en auga (93%), é rica en minerais, especialmente potasio, vitamina C e β-caroteno. miniatura|right|Planta de cabaciña. miniatura|right|Diferentes cabaciñas. miniatura|right|Cabaciñas ben chegadas. miniatura|Cabaciña 'Ufo'.
Táxones infra-específicos Só 3 están aceptados: Cucurbita pepo subsp. ovifera (L.) D.S.Decker Cucurbita pepo subsp. pepo Cucurbita pepo var. texana (Scheele) D.S.Decker.
Sinonimia Citrullus variegatus Schrad. ex M.Roem. Cucumis pepo (L.) Dumort. Cucumis zapallo Steud. Cucurbita aurantia Willd. Cucurbita ceratoceras Haberle ex Mart. Cucurbita clodiensis Nocca Cucurbita courgero Ser. Cucurbita elongata Bean ex Schrad. Cucurbita esculenta Gray Cucurbita fastuosa Salisb. Cucurbita grisea M.Roem. Cucurbita hybrida Bertol. ex Naudin Cucurbita lignosa Mill. Cucurbita mammeata Molina Cucurbita mammosa J.F.Gmel. Cucurbita marsupiiformis Haberle ex M.Roem. nom. invalid Cucurbita melopepo L. Cucurbita oblonga Link Cucurbita pepo var. akoda Makino Cucurbita pepo var. americana Zhit. Cucurbita pepo var. fibropulposa Makino Cucurbita pepo var. flogra Teppner Cucurbita pepo var. georgica Teppner Cucurbita pepo subsp. gumala Teppner Cucurbita pepo var. kintogwa Makino Cucurbita pepo var. melopepo (L.) Alef. Cucurbita pepo var. ozarkana D.S.Decker Cucurbita pepo var. toonas Makino Cucurbita polymorpha Duchesne Cucurbita pomiformis M.Roem. Cucurbita pyridaris Duchesne ex Poir. Cucurbita pyxidaris DC. Cucurbita subverrucosa Willd. Cucurbita succado Nägeli ex Naudin Cucurbita succedo Arn. Cucurbita tuberculosa Schrad. Cucurbita urnigera Schrad. Cucurbita variegata Steud. Cucurbita verrucosa L. Pepo citrullus Sageret Pepo potiron Sageret Pepo vulgaris MoenchTáxones infraespecíficos e sinónimos en The Plant List Pepo redinum calabacinum
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Balconmicrobio.com (como cultivar unha cucurbita pepo nunha horta urbana).
Categoría:Cucurbita Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas descritas en 1753