César Torres Martínez, nado en Caldas de Reis o 25 de xaneiro de 1905 e finado en Vigo o 14 de novembro de 1988, foi un avogado e político republicano galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1929.El Pueblo Gallego, 6-7-1929, p. 11. Militante de Acción Republicana. Coa proclamación da República foi alcalde de Caldas de Reis até xuño de 1933. Foi nomeado gobernador civil de Lugo o 21 de xullo de 1932, quedando á fronte da alcaldía de Caldas o primeiro tenente alcalde Ramón Búa Carou. César Torres cesou como gobernador de Lugo o 14 de maio de 1933. Foi nomeado gobernador civil de Almería en maio dese ano. Despois foi gobernador civil de Ávila (do 13 de outubro ao 20 de decembro de 1933). Integrado en Izquierda Republicana, foi nomeado gobernador civil de Xaén o 19 de marzo de 1936, pasando a Granada o 24 de xuño.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto. Xulgado en consello de guerra salvou da morte grazas á amizade da súa muller co bispo de Granada; foi condenado a cadea perpetua, e estivo oito anos en prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1940.BOE, 3-10-1940, p. 4616. Inhabilitado como avogado, o seu amigo Buenaventura Castro Rial influíu para que fose nomeado conselleiro-secretario do Banco de Vigo-Viñas Armada e delegado da aseguradora MGS para a provincia de Pontevedra. Finou en Vigo o 14 de novembro de 1988.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-11-1988, p. 65.
Vida persoal Casou en Almería con Josefina Díaz Torres en outubro de 1933,Diario de Almería, 24-10-1933, p. 1. e foi pai de César Torres Díaz; casou en segundas nupcias con Elvira Goberna Lago en 1954 e foi pai de Luis e Javier Torres Goberna.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas César Torres Martínez ¡Caldenses despertemos! No todos fueron Lorca
Ficha en Todos los nombres
Categoría:Alcaldes de Caldas de Reis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Gobernadores civís de Ávila Categoría:Gobernadores civís de Almería Categoría:Gobernadores civís de Xaén Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1988