O cerefolioNome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 ou cerefollo (Anthriscus cerefolium) é unha especie do xénero Anthriscus emparentada co pirixel. É nativa do Cáucaso, pero foi diseminada por toda Europa polos romanos, onde se naturalizou.

thumb|240px|Ilustración Características Planta herbácea cultivada, de carácter anual, crece entre 40–70 cm de altura. Os talos son de 30 a 40 cm de alto, finos, ramosos, ocos e estriados. As follas son tripinnadas, recortadas en lóbulos lanceolados, e poden ser rizadas. As diminutas flores brancas forman pequenas umbelas de 2,5 a 5 cm de diámetro. O froito, de arredor de 1 cm de longo, é oblongo, cunha delgada crista en forma de pico, estriado, e cando madura adquire unha cor negra.

A planta despide un aroma agradable.

Historia Xa era coñecida por Plinio o Vello como cerefolium. O nome pode provir do grego anthos (flor) e rischos (sebe) polo lugar onde habita, ou ben de antherix (cana) pola forma do seu pistilo.

Emprego É unha planta que se emprega máis para uso culinario que medicinal. É diurética, aperitiva, tónica e estimulante. Pódese utilizar como substituto do pirixel.

Indicacións: é carminativo, expectorante, diurético, aperitivo, tónico, estimulante, estomacal, antiescrofular. Afrodisíaco. Algúns autores sospeitan que pode producir dermatite de contacto e reaccións alérxicas como a febre dos feos. Ao recoller as follas tenras debe terse tino de non confundilas coas de Aethusa cynapium nin coas de Oenanthe crocata, de moi alta toxicidade.

Outros usos: as follas secas úsanse como especias, e o seu sabor recorda unha mestura de anís e carvea, ou de anís e perexil. As sementes úsanse no norte de África como especia nos mesmos pratos que o coriandro. Tamén é usado como colorante amarelo. miniatura|Cerefolio preparado nunha ensalada Taxonomía Anthriscus cerefolium foi descrita por (Carl von Linné) Hoffm. e publicado en Genera Plantarum Umbelliferarum 41–42. 1814. Etimoloxía cerefolium: epíteto latino que significa "follas de cera".en Epítetos Botánicos Sinonimia Anthriscus cerefolium var. longirostris (Bertol.) Cannon Anthriscus cerefolium subsp. trichosperma Nyman Anthriscus chaerophyllus St.-Lag. Anthriscus longirostris Bertol. Anthriscus sativa Besser Anthriscus trachysperma Rchb. ex Nyman Anthriscus trichosperma (Lam.) Spreng. Cerefolium cerefolium (L.) Britton Cerefolium sativum Besser Cerefolium sylvestre Besser Cerefolium trichospermum Besser Chaerefolium cerefolium (L.) Schinz Chaerefolium trichospermum (Schinz & Thell.) Stankov Chaerophyllum cerefolium (L.) Crantz Chaerophyllum nemorosum Lag. ex DC. Chaerophyllum sativum Lam. Scandix cerefolium L. basónimo Scandix tenuifolia Salisb.[ en PlantList] Nome común Galego: cerefolio, cerefollo, pirifolMarcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago de Compostela, Imp. Seminario Conciliar

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx. Scoggan, H. J. 1979. Dicotyledoneae (Loasaceae to Compositae). Part 4. 1117–1711 pp. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.

cerefolium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Especias