Cosmo Edmund Duff Gordon, nado o 22 de xullo de 1862 e finado o 20 de abril de 1931, foi un aristócrata, terratenente e tirador de esgrima escocés, gañador dunha medalla olímpica pero sobre todo coñecido pola controversia sobre a súa conduta durante o afundimento do RMS Titanic.
Traxectoria Fillo de Cosmo Lewis Duff Gordon e de Anna Maria Antrobus The Genealogy of the Duff Family . Consulté le 10 janvier 2010. Cosmo recibiu unha educación exclusiva en Eton, onde comezou a practicar a esgrima. En 1896, sucedeu a Maurice Duff Gordon como quinto baronnet de Halkin coas súas propiedades en Maryculter Sir Cosmo Edmund Duff Gordon, Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010, o título fora concedido polo rei a un antepasado seu, James Duff, cónsul británico en Cádiz en 1813 en recoñecemento á axuda dada á Coroa durante a Guerra da Independencia española, onde a familia posuía desde 1772 unha adega de Xerez, que aínda existe a Duff Gordon Winery.
En 1900, Duff Gordon casou con Lucy Christiana Sutherland, de dubidosa reputación segundo os canons da época, era nai divorciada e a súa irmá Elinor Glyn era autora de novelas románticas que rebordaban erotismo Lucy Christiana, Lady Duff Gordon (Mrs Morgan) (née Sutherland), Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010 Finding Aid for the Elinor Glyn Papers, undated , University of North Carolina. Consulté le 10 janvier 2010. Lucy era deseñadora de moda de éxito e ao casar Cosmo converteuse en director da súa casa de modas, « La Maison de Lucile » localizada en Londres.
En 1906, Duff Gordon formou parte do equipo de esgrima do Reino Unido nos Xogos Intercalados gañando unha medalla de prata na competición por equipos en espada The Olympian Games, The Times sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 10 janvier 2010. En 1908 formou parte do comité de esgrima dos Xogos Olímpicos de Londres Les sportifs à bord du Titanic, Le Site du « Titanic ». Consulté le 10 janvier 2010.
O Titanic En abril 1912, a parella decide viaxar aos Estados Unidos facendo a travesía a bordo do Titanic, baixo o nome de Mr e Mrs Morgan, non se sabe a razón da non utilización dos seus nomes reais, pero podería ser problemas que Lucy tivera noutras ocasións coa alfándega americana . Duff Gordon e a súa dona embarcaron acompañados pola secretaria dela no serán do 10 de abril de 1912 en Cherbourg tras primeiro coller o transbordador Nomadic para chegaren ao navío. Cosmo ocupou a cabina A-16 e a súa dona a A-20. O 14 de abril o Titanic colide cun iceberg comezando a afundir. A parella e a súa secretaria atópanse xunta os botes, no lado de babor, onde a tripulación estaba traballaba para abaixalos. Por invitación do primeiro oficial Murdoch, os tres embarcaron no bote salvavidas nº1 con dous americanos e sete fogueiros, e aínda que tiña unha capacidade para 40 persoas Composition du canot n°1, Le Site du « Titanic ». Consulté le 11 janvier 2010. Tras ser rescatados parte para Nova York no Carpathia cos outros superviventes. Non obstante, a prensa anuncia a súa morte o 16 de abril Profound Grief Felt over Paris - Lady Duff Gordon and her Husband Probably Among the Dead, Associated Press sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 11 janvier 2010, antes de retractarse da errónea nova The Duff Gordons, New York Times sur Encyclopedia Titanica. Consulté le 11 janvier 2010.
Últimos anos Despois do naufraxio, Cosmo Duff Gordon testemuñou na comisión británica encargada de realizar a enquisa sobre o accidente dirixida por Lord Mersey, sobre as condicións do seu salvamento. A enquisa concluíu que non había nada que lle reprochar Aínda así constatou tamén que se o bote fora cara á xente que estaba na auga no canto de afastarse, podería facilmente ser capaz de rescatar algunhas delas.British Wreck Commissioner's Enquiry: Report. "Account of the Saving and Rescue of those who Survived: Conduct of Sir Cosmo Duff Gordon and Mr Ismay". Accessed on 8/23/12 en: http://www.titanicinquiry.org/BOTInq/BOTReport/BOTRepConduct.php . Duff Gordon viu a súa reputación en interdito polo asunto, retirándose practicamente da vida pública, vivindo entre as súas posesións de Escocia e o O Cairo.
Polémica miniatura|Cosmo Duff prestando testemuño na Comisión sobre o Titanic O xeito no que se salvou Duff Gordon creou polémica. O seu bote unha vez no mar con só doce viaxeiros, non procurou superviventes no lugar do naufraxio a pesar do oficial Murdoch ordenara ao seu responsable, George Symons, axudar a outros pasaxeiros. De feito, durante a comisión de enquisa británica, un dos enquisadores tratou abertamente de covarde a Symons, o que levou ao presidente Lord Mersey a chamar á orde ao inquisidor, declarando : « Deixe tranquilo ese pobre home ! » A bordo do bote, Hendrickson pediu axudar os viaxeiros que estaban nas xélidas augas, mais Lady Duff Gordon suxeriu que os superviventes poderían amorearse arredor do bote e afundilo, co que concordaron o resto dos navegantes.
No decurso da noite, Duff Gordon fai amizade cos seus compañeiros de infortunio, en especial cos sete fogueiros, ofrecéndolles tabaco e conversando con eles. Lady Duff Gordon díxolle á súa secretaria, Mabel Francatelli : « Perdeuse o voso precioso camisón » ao ver arder o Titanic Letter clears 'blackguard of the « Titanic »' , The Telegraph. Consulté le 12 janvier 2010. A conversa dirixiuse finalmente ao feito que os membros da tripulación perderan todo, xa que a White Star deixaba sen efecto os seus salarios a medianoite do 15 de abril, como era a norma en caso de accidente. Para compensar esas perdas, Duff Gordon decidiu darlle a cada un cinco libras (o salario mensual dun fogueiro era de 6£), o que algúns medios viron como unha tentativa de suborno aos fogueiros para que non volveran ao lugar do naufraxio.
Unha vez a bordo do Carpathia, Duff Gordon e a súa dona fixéronse fotografar cos sete fogueiros rescatados con eles, o que contribuíu a aumentar as sospeitas sobre o seu salvamento.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Encyclopedia Titanica Le Site du « Titanic »
Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas do Reino Unido Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Esgrimistas de Escocia