Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente, e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León. O xentilicio é «».
Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.
Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante na metade norte e galegofalante na metade sur, mais hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán. A metade sur non deixou de falar o galego, senón que ficou despoboada.
Demografía
Flora e fauna Ten grandes masas forestais de carballos e de xestas, destacando o Teixedelo, bosque con teixos e castiñeiros de máis de mil anos de idade. Esta declarado Lugar de importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bosque do Teixedelo Seabra
Categoría:Concellos da provincia de Zamora Categoría:Bisbarra de Seabra