O castelo do Carbedo é unha fortaleza de orixe medieval, situado preto da aldea do Carbedo (Esperante, Folgoso do Courel).

Está situado a 930 m de altitude no cumio dun outeiro, na beira da estrada de Seoane a Visuña. Consérvanse as ruínas de muros, unha torre circular e divisións interiores.

Non se sabe certa a súa data de construción pero xa aparece citado en 1550 polo Licenciado Molina, que o chama "Fortaleza de Courel". Pertenceu a Nuno Peláez, que máis tarde o deixou aos Cabaleiros da Orde de Santiago.

Escavacións esquerda|miniatura As últimas exploracións arqueolóxicas feitas no castelo datan de 1977 e 1979. O traballo foi realizado por un equipo coordinado por José María Luzón Nogué e Francisco Javier Sánchez-Palencia. Os resultados publicáronse en 1980 nun libro titulado El Caurel e editado polo Ministerio de Cultura, dentro da colección:Excavaciones arqueológicas en España.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Carbedo Categoría:Folgoso do Courel Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo