San Paio de Lens é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 1,64 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 93 habitantes (44 homes e 49 mulleres). Toponimia O topónimo Lens é de orixe descoñecida. Aparece documentado como Lenes (1149), Lees (1180), Leens (1180), Leeis (1220), Leeyns (1244) e Lẽes (1289).

Lugares e parroquias Lugares de Lens

Parroquias de Ames

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ames

Categoría:Parroquias de Ames

Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio