A dos escafirrinquinos (Scaphirhynchinae) é a máis pequena das dúas subfamilias en que se divide a familia dos acipenséridos, xa que comprende dous xéneros cun total de tan só seis especies.Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): "Acipenseridae" en FishBase.Scaphirhynchinae en ITIS.

Características Un dos xéneros é propio de Norteamérica, e o outro de Asia Central, e comprenden tres especies cada un. Estes peixes teñen un rostrum prolongado, tubular, e carecen de espiráculo.

Probabelmente non sexan un grupo monofilético, xa que inclúen formas ananas próximas aos acipenserinos (Grande e Bemis, 1991).Grande, L. and Bemis, W. E. (1991): "Osteology and relationships of fossil and recents paddelfishes (Polyodontidae) with ments on the interrelationships of Acipenseriformes". J. Vertebr. Paleontol., 11, Supl. 1: 1-121.

As especies asiáticas son relativamente pequenas, de tan só de 27 a 70 cm de lonxitude, en comparación con enormes tamaños dos verdadeiros esturións. Son endémicas dos ríos Amu Daria e Sir Daria, que desembocan no mar de Aral, e as tres especies están consideradas en perigo de extinción.

Taxonomía

Xénero Scaphirhynchus Heckel, 1836 Scaphirhynchus Heckel, 1836 en SIIT. Scaphirhynchus albus (Forbes & R. E. Richardson, 1905) Scaphirhynchus platorynchus (Rafinesque, 1820) Scaphirhynchus suttkusi J. D. Williams & Clemmer, 1991 Xénero Pseudoscaphirhynchus Nikolskii, 1900 Pseudoscaphirhynchus Nikolskii, 1900 en SIIT. Pseudoscaphirhynchus fedtschenkoi (Kessler, 1872) Pseudoscaphirhynchus hermanni (Kessler, 1877) Pseudoscaphirhynchus kaufmanni (Kessler, 1877)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.</ref>

Outros artigos Actinopterixios Condrósteos Acipenseriformes Acipenséridos

Ligazóns externas Scaphirhynchinae en Encyclopedia or Life .

Categoría:Fósiles