O trans-splicing ou trans-empalme é un tipo especial de procesamento do ARN mensaxeiro que se dá en eucariotas no que exóns pertencentes a dous transcritos primarios diferentes de ARN son enlazados polos seus extremos.

A diferenza del, o splicing "normal" ou cis-splicing procesa unha soa molécula. Por tanto, o trans-splicing orixina un transcrito final de ARN que procede de diversas transcricións da ARN polimerase no xenoma. Este fenómeno pode ser aproveitado para terapias moleculares para tratar produtos xénicos mutados.

O trans-splicing pode ser o mecanismo que está detrás de certas fusións de transcritos oncoxénicas.

O trans-splicing utilízano certos microorganismos, principalmente protozoos da clase Kinetoplastida para producir antíxenos de superficie variables e cambiar dun estadio do seu ciclo de vida a outro. O trans-splicing tamén se dá nos animais; por exemplo, no verme Caenorhabditis elegans é moi intenso.Allen MA, Hillier LW, Waterston RH, Blumenthal T. A global analysis of C. elegans trans-splicing. Genome Res. 2011 Feb;21(2):255-64. doi: 10.1101/gr.113811.110. Epub 2010 Dec 22. PMID 21177958.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Ácidos nucleicos Categoría:Bioloxía molecular