O Equidna de fociño longo oriental (Zaglossus bartoni), tamén coñecido como Equidna de fociño longo de Barton, é unha das tres especies do xénero Zaglossus que vive en Nova Guinea. Vive principalmente en Papúa-Nova Guinea en terreos elevados a 2000 ou 3000 metros.

Pode ser distinguido doutros membros do seu xénero polo número de gadoupas nas patas traseiras: ten cinco nas patas dianteiras e catro nas traseiras. O seu peso varía entre 5 e 10 kg e o seu corpo mide entre 60 e 100 cm. Ten unha densa peluxe negra. A especie é o monotrema máis grande e de movementos máis lentos. Faise unha bóla de espiñas para defenderse de ameazas.

Hai catro subespecies recoñecidas: Z. bartoni bartoni Z. bartoni clunius Z. bartoni smeenki Z. bartoni diamondi A poboación de cada subespecie está xeograficamente illada. As subespecies diferéncianse entre elas polo tamaño do corpo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flannery, T.F. and Groves, C.P. 1998. A revision of the genus Zaglossus (Monotremata, Tachyglossidae), with description of new species and subspecies. Mammalia, 62(3): 367–396

Ligazóns extermas

EDGE of Existence (Zaglossus spp.) – Saving the World's most Evolutionarily Distinct and Globally Endangered (EDGE) species

Categoría:Monotremas Categoría:Animais descritos en 1907