Vanguardia de Izquierda Republicana (VIR) foi un partido político fundado en agosto de 1935 por Xoán Xesús González, que tan só tivo implantación na comarca de Santiago.

Historia e características En 1930 participaron no Pacto de Lestrobe os cenetistas Ricardo García Lago, César Guillán Bozo e Manuel Fernández Fernández, como delgados dunha sección VIR da Coruña.Non hai referencias posteriores sobre esta Sección VIR da Coruña

Cando en abril de 1934 se creou Izquierda Republicana a partir de Acción Republicana, Partido Radical Socialista Independiente, Partido Republicano Gallego e Unión Socialista Galega de Xoán Xesús González, Xoán Xesús foi designado secretario xeral da agrupación compostelá. Desavinzas cun importante sector da mesma, formado por persoas coas que non mantiña boas relacións, produciron a súa expulsión.Outras versións falan dunha alianza co cacique liberal padronés Tanis de la Riva.

Xoán Xesús González, despois dun fracasado intento de reactivar a Unión Socialista Galega, constituíu en agosto de 1935 Vanguardia de Izquierda Republicana, na que militaron Narciso Vidal Fraga, Raimundo García Domínguez, Maximino Castiñeiras, José Jeremías Montero e Ramón Esturao Calvo, sendo nomeado presidente do partido o veterano sindicalista compostelán José Pasín Romero.

Notas

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia