San Vicente de Fervenzas é unha parroquia que se localiza no ooeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 222 habitantes (110 mulleres e 112 homes) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Xanrozo.

miniatura|Fervenzas no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Fervenzas no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).

Xeografía A parroquia de Fervenzas ten unha superficie de 13,91 km² e 24 núcleos de poboación.

Situación Está situada no oeste do concello de Aranga e no leste do arciprestado de Xanrozo.

Limita ó norte coas parroquias de Santa María de Ois (do concello de Coirós) e Muniferral, tocando tamén nun punto a de Feás, ó leste coa de Vilarraso, ó sur e oeste coa de Rodeiro (Oza Cesuras) e ó noroeste nun pequeno tramo coa de Bandoxa (Oza Cesuras).

Noroeste: Bandoxa (Oza Cesuras) Norte: Santa María de Ois (Coirós), Feás e Muniferral Nordeste: Muniferral e Vilarraso Oeste: Rodeiro (Oza Cesuras) 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Vilarraso Suroeste: Rodeiro (Oza Cesuras) Sur: Rodeiro (Oza Cesuras) Sueste: Rodeiro (Oza Cesuras) e Vilarraso

Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 53 282 232

Século XIX 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 61 61 64 66 79 – – Habitantes 268 305 300 372 430 501 531

Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 529 540 575 583 541 492 361 313 310 279 293 296

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 287 281 268 264 271 261 260 256 250 253 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 257 254 247 246 241 235 228 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Cultura Toponimia Fervenzas é un topónimo latino que debe o seu nome ás fervenzas que se forman o longo do río de Vexo.

Patrimonio Existen tres castros recoñecidos, O Valló, Casarellos, e o máis importante o das Cotorras, onde hai un pequeno petróglifo. Atopáronse numerosos obxectos prehistóricos, como un muíño de man nas proximidades da mámoa da Calzada de Mato, datado entre o 2500 e o 2000 a. C, así como o primeiro entrelazado castrexo coñecido da provincia da Coruña no muro da cabeceira da igrexa parroquial. Tamén se acharon dúas aras romanas adicadas a Xúpiter, conservadas no Museo das Mariñas: a primeira en 1967 baixo o altar da mesma igrexa de San Vicente e a segunda en 2023 nunha casa das inmediacións do propio templo. Escritos antigos sitúan no Monte do Gato un castelo no século XII, a torre de Teodomiro, cuxos restos foron identificados en 2021 onda o límite parroquial.

Etnografía Fervenzas na cultura popular Labradores de Fervenzas / y todos los de Galicia, / cuánto os añoro, / en esta tierra argentina. / Aún recuerdo aquellos paseos, / que dábamos por sus campiños, / que triste es pensar ahora, / que no te veré jamás.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Vicente de Fervenzas

Parroquias de Aranga

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Aranga

Categoría:Parroquias de Aranga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía