Vicente Sola Regido, nado en Castrelo do Val a mediados do século XIX e finado en Caldeliñas (Verín) o 10 de agosto de 1918, foi un político galego.

Traxectoria

Emigrante retornado, ao seu regreso foi presidente do Partido Conservador de Verín, era o representante no distrito de Luis Espada Guntín. Foi secretario do concello de Verín (1892). Foi nomeado alcalde de Verín en 1899. Volveu ser alcalde en 1914.

Foi asasinado no balneario de Caldeliñas o 10 de agosto de 1918, cando tiña uns 70 anos. Do asasinato foron acusados Francisco Núñez Estévez (quen nun principio alegou que o fixera por vinganza pois Vicente Sola o obrigara a ir ao servizo militar indebidamente, perseguiuno con cotas excesivas de consumos e vexouno publicamente) e Miguel Salgado, que foron xulgados do 5 ao 7 de abril de 1922, nun sonoro proceso en Verín.

Vida persoal Casou con María Armas, de quen enviuvou. Tivo dúas fillas, residentes en Verín, e varios fillos emigrados en Chile. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Castrelo do Val Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Asasinatos en Galicia