Santaia de Chamín é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 442 habitantes (224 mulleres e 218 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 458 habitantes.

Patrimonio No Campamento Costeiro do Reiro realizáronse escavacións que deron a coñecer unha comunidade mesolítica (10 000 - 5000 a. C.). O sitio presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha. Tamén hai algúns restos orgánicos (cervos, xabarís ou vértebras de peixes...). Da Idade de Ferro é o castro do Petón. A igrexa de Santaia de Chamín é de estilo románico.

Festas As festas patronais celébranse o 10 de decembro en Santaia. Amais celébrase o San Brais en febreiro e o San Xoán o 24 de xuño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Chamín

Parroquias de Arteixo miniatura|dereita|As trece parroquias que conforman o concello de Arteixo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Arteixo

Categoría:Parroquias de Arteixo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santaia