A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos, Operación Telic no Reino Unido e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq, foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011. Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer,[elnuevodiario.com.ni/internacionales/82470 Estados Unidos inicia en Iraq operación Pito "Nuevo Amanecer"] e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.
A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991. President Bush Outlines Iraqi ThreatPiecing together the story of the weapons that weren't Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses.Center for American Progress (29 de xaneiro de 2004) "In Their Own Words: Iraq's 'Imminent' Threat" americanprogress.org Criticouse amplamente ós servizos de información,Close, R. (10 de marzo de 2003) "A CIA Analyst on Forging Intelligence -- Whose Deliberate Disinformation?" CounterPunch e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións. Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando, pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración.Woods, K.M. e Lacey, J. (2008) "Saddam and Terrorism: Emerging Insights from Captured Iraqi Documents," vol. 1 Institute for Defense Analyses IDA Paper P-4287, pp. ES-1Kerr, R.J., et al. (29 de xullo de 2004) "Intelligence and Analysis on Iraq: Issues for the Intelligence Community," MORI Doc. ID 1245667 (Langley, VA: Central Intelligence Agency) Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos,CNN (12 de setembro de 2002) "White House spells out case against Iraq" , "the White House released a report early Thursday, listing some of the principal accusations against Iraq and its leader.... Iraq is also accused of sheltering two Palestinian terrorist organizations, and it lists Saddam's decision in 2002 to increase from $10,000 to $25,000 the bounty paid to the families of Palestinian suicide bombers." violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí,Wolfowitz, P. (30 de maio de 2003) "Deputy Secretary Wolfowitz Press Availability in Singapore," U.S. Department of Defense, Office of the Assistant Secretary of Defense (Public Affairs) news transcript propagación da democracia,"President Discusses the Future of Iraq" The White House, 26 de febreiro de 2003 as reservas de petróleo de Iraq,Wright, G. (4 de xuño de 2003) "Wolfowitz: Iraq war was about oil," Guardian Unlimited (Londres: Guardian Newspapers Limited); this article was retractedMorgan, D. e Ottaway, D.B. (15 de setembro de 2002) "In Iraqi War Scenario, Oil Is Key Issue" Washington PostShih, G. e Montes, S. (15 de outubro de 2007) "Roundtable debates energy issues" Stanford Daily aínda que este último foi negado por outros funcionarios.Blair: Iraq oil claim is 'conspiracy theory'
A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq.U.S. Defense Secretary Robert Gates, 2 Feb 2007 , see "four wars" remark As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido, e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos,Iraq war hits U.S. economy: Nobel winner cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país.Britain's Brown visits officials, troops in Iraq. International Herald Tribune, 2 de outubro de 2007.Italy plans Iraq troop pull-out BBC 15 de marzo de 2005 Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Guerras do século XXI Categoría:Historia de Iraq