Francisco Amado Hermida, nado en Vilachambre (Baralla), foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Amado Álvarez e Vicenta Hermida Fernández.El Progreso, 26-7-1931, p. 3. Residía en Vilachambre. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Neira de Xusá en 1924.BOP Lugo, 8-4-1924, p. 3. En 1925 aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais.La Voz de Galicia, 10-5-1925, p. 2. Volveu ser alcalde de Neira de Xusá na Segunda República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e internado no cárcere de Becerreá. Trasladado ao Cárcere de Lugo, foi xulgado en Lugo por rebelión militar, o seu caso foi sobresido, pero foi condenado a unha multa de 10.000 pesetas. O 22 de outubro de 1938 saíu da prisión.

Vida persoal

Casou con Concepción Hervella Goyanes. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo A oposición de Baralla fala de clientelismo e de pánico cerval entre os veciños

Categoría:Alcaldes de Baralla Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Baralla Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido