Os platanístidos (Platanistidae) son unha familia de cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos platanistoideos (Platanistoidea), que inclúe un só xénero, Platanista, con dúas especies de golfiños de auga doce propios do subcontinente indio.Wilson, Don e Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª ed.). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0. Platanistidae Gray, 1846
Porén, algúns autores inclúen nela aos membros doutras tres familias, as dos Iniidae, Pontoporiidae e Lipotidae (ver taxonomía dos odontocetos).
Etimoloxía O nome da familia, Platanistidae, foi cuñado en 1846 por John Edward Gray,Gray, J. E. (1846): Zool. Voy. H.M.S. "Erebus" and "Terror", 1: 25. que o formou engadindo ao nome do xénero tipo, e único, da familia, Platanistes, a desinencia -idae, propia dos nomes das familias dos animais.
O xénero Platanista fundárao Wagler dezaseis anos antes (1830) e o tomou do latín platanista nome dun peixe do río Ganxes, á súa vez derivado do grego antigo πλατανιστής platanistés, de πλάτη pláte, "remo", "pa do remo", derivado de πλατύς platýs, "plano", "ancho".Merriam-Webster's Unabridged Dictionart.
Taxonomía
A agrupación en familias dos golfiños de río desde antigo foi un problema. Porén, utilizando datos moleculares, Aranson e Gullberg non encontraron ningunha relación directa entre Platanista e os outros golfiños de auga doce.Aranson, U. e A. Gullver (1996): "Citochrome b nucleotide sequences and the identification of five primary lin eages of extant cetaceans", Mol. Biol. Evo. 13: 407-417.
Messenger e McGuire propuxeron unha árbore filoxenética sustentando a idea de que os golfiños de río non son monofiléticos.Messenger, S. L. e J. A. NcGuire (1988): "Morphology, molecules, and the phylogenetics od cetaceans", Syst. Biol. 47: 90-124.
Nunha recente análise das principais liñaxes dos cetáceos estes autores encontraron que platanistidos, golfiños e zifios diverxeron, por esta orde, dos cachalotes.
Os outros tres xéneros de golfiños de río forman, segundo parece, un grupo monofilético, aínda que non todos os autores concordan. miniatura|230px|Distribución de Platanista gangetica e Platanista minor
Hamilton et al., baseándose en estudos do citocromo b, tamén opinan que a dos platanístidos é unha familia separada.Hamilton, H., S. Caballero, A. G. Collins, and R. L. J. Brownell (2001): "Evolution of river dolphins". Proceedings of the Royal Society of London, Series B 268, 549-556.
O único desacordo restante á a colocación dos outros tres xéneros. Yang et al. Yang, Wei-Cheng et al. (2012): "Sequence Analysis of MHC Class II Genes in Cetaceans", en Bahaa, Abdel-Salem (ed.) Histocompatibility. InTech. ISBN 978-953-510-589-3. Ver en PDF e Rice situaron o xénero Lipotes nunha familia separada,Rice, D. W. (1998): Marine Mammals of the World: Systematics and Distribution. Special Publication Number 4, The Society for Marine Mammalogy, Lawrence, Kansas. e Rice colocou os outros xéneros tamén en familias distintas.
Especies Superfamilia Platanistoidea Familia Platanistidae Xénero Platanista Wagler, 1830 Platanista gangetica (Roxburgh, 1801) Platanista minor (Owen, 1853)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Cetáceos Odontocetos Golfiños de río
Ligazóns externas Platanistidae en ADW. Platanistidae en WoRMS.
Categoría:Platanistidae