Unha doenza ósea endócrina, tamén chamada endocrinopatía ósea, é un termo que agrupa ao conxunto de enfermidades que afectan aos ósos e que teñen orixe nunha patoloxía do sistema endócrino.Joplin, GF (1973)."Endocrine bone disease" Proceedings of the Royal Society of Medicine 66 (5): 447 A doenza ósea máis coñecida dentro deste grupo é a osteíte fibrosa quística. As doenzas óseas endócrinas son máis común nas persoas de idade avanzada. Porén, poden afectar tamén a adolescentes. Todas as doenzas deste grupo teñen en común o feito de presentaren unha anormalidade nun órgano específico do sistema endócrino. Esta anormalidade provoca unha disfunción da fisioloxía do organismo que dá lugar a trastornos na formación, mineralización ou correcto funcionamento do óso.Mailhot, Geneviève; Petit, Jean-Luc; Dion, Natalie; Deschênes, Claire; Ste-Marie, Louis-Georges; Gascon-Barré, Marielle (2007). "Endocrine and bone consequences of cyclic nutritional changes in the calcium, phosphate and vitamin D status in the rat:". Bone 41 (3): 422–36

Notas

Véxase tamén Outros artigos Doenza ósea infecciosa Doenza ósea Osteíte fibrosa quística Sistema endócrino

Categoría:Traumatoloxía