Frederico Paredes, nado o 31 de xaneiro de 1889 e finado o 4 de novembro de 1972, foi un tirador de esgrima portugués, gañador dunha medalla olímpica. Traxectoria En 1908 proclamouse campión do primeiro campionato nacional portugués de espada, e ao ano seguinte matou nun lamentable accidente mentres adestraba ao seu irmán Alexandre. Participou nos Xogos Olímpicos de 1920, 1924 e 1928, logrando nestes últimos a medalla de bronce en espada por equipos cos seus compañeiros Mário de Noronha, Paulo d'Eça Leal, Jorge de Paiva, João Sassetti e Henrique da Silveira.
Notas
Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Portugal Categoría:Esgrimistas olímpicos de Portugal Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928