Edgar Montague Amphlett, nado en Dochester o 1 de setembro de 1867 e finado en Londres o 9 de xaneiro de 1931, foi un xornalista e tirador de esgrima inglés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria Edgar Montague estudou en Hull e con dezasete anos entrou a traballar nun xornal e máis tarde traballou durante dezaseis anos na sala de prensa do Palacio de Westminster. En 1899 uniuse á sección parlamentaria de The Times. Durante a primeira guerra mundial foi correspondente de guerra en Francia., permanecendo en Boulogne despois da retirada do exército británico da cidade e despois marchou a Arras cos refuxiados que abandonaban a cidade escribindo un diario que publicou The Times.. En 1915 entrou como voluntario no exército como capitán temporal servindo durante catro anos en Francia nos ferrocarrís.. En setembro de 1919 Amphlett regresou á sección parlamentaria de The Times. En 1920 converteuse en correspondente especial en Irlanda e a fin de ano estaba en Fiume como o único correspondente na cidade durante o bloqueo italiano nos días previos á rendición de Gabriele d'Annunzio. Posteriormente traballou na oficina en París de The Times, volvendo a Londres en 1925 como responsable das edicións especiais do xornal.
Carreira deportiva Amphlett comezou a practicar esgrima aos 37 anos, gañando o campionato británico de espada en 1910 e o de florete ao ano seguinte. Participou nos Xogos Olímpicos de 1908, logrando a medalla de prata co equipo británico de espada e nos Xogos Olímpicos de 1912.
Notas
Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Esgrimistas de Inglaterra Categoría:Esgrimistas olímpicos do Reino Unido Categoría:Nados en Dorset Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912