miniatura|200px|Monumento a Magallanes en Mactán, Cebú, Filipinas.Erixido polo goberno de Isabel II. A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é unha cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).
Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante de Filipinas. Ten numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.
Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.
Historia Cando o explorador portugués ao servizo do imperio español Fernão de Magalhães arribou coa súa frota ao que hoxe é o arquipélago das Visayas, tras unha viaxe épica a través do Pacífico buscando as illas das Especias, os nativos sinaláronlle a Sugbo como o centro comercial do arquipélago, que xa era unha cidade próspera desde había 3 000 anos. Tiña relacións comerciais con China e outros países do Sueste asiático.
O 16 de marzo de 1521, os conquistadores chegaron a Cebú. Non foi sorprendente que o raxá Humabon e a súa esposa Humamay, que eran os caciques da cidade, lle deran a benvida sonrientes, xa que eran os primeiros occidentais que poñían pé a tierra naquela zona. Porén, hai que indicar que os forasteiros non eran estraños aos cebuanos, xa que desde había séculos, os barcos cargados con porcelana, seda, especias, ferro e outras mercadorías arribaban a porto, desde os puntos máis afastados de oriente.
Magalhães o primeiro que fixo foi plantar a cruz na cidade e bautizar aos nativos na fe católica; pero a inicial benvida tornouse rapidamente en rebelión fronte aos visitantes. Tras algunhas escaramuzas, un rei da veciña illa de Mactán, chamado Lapu-Lapu, asasinouno.
Elcano, que tomou o mando da frota española, completou a gran proeza, dando por primeira vez a volta ao mundo.
Tras corenta anos de interludio, en marzo de 1565 Miguel López de Legazpi desembarca na illa de Cebú con 380 homes. O 27 de abril de 1565 funda a Villa de San Miguel (actual Cebú), cabeceira dos dominios españois en Filipinas até 1571, e base para a conquista do arquipélago filipino.
Transcorreron cerca de cincocentos anos desde a chegada dos españois, e a cruz erixida por Magallaães continúa alzada no centro da cidade, símbolo da cristiandade, o legado —non o único— máis forte deixado por eles.
Cidades irmandadas Internacionais Bandung, Indonesia Yeosu, Corea do Sur Barcelona, España Beersheba, Israel Busan, Corea do Sur Chula Vista, California, Estados Unidos Seattle, Washington, Estados Unidos Guadalaxara, México Haarlemmermeer, Países Baixos Xiamen, China Kaoshiung, Taiwán Parramatta City, Australia Kortrijk, Bélxica Sabrosa, PortugalLocal Butuan, Agusan del Norte Davao City, Davao del Sur Manila, Metro Manila
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cebu Investment Promotions Center Comisión de Turismo da Cidade de Cebú
Categoría:Cidades de Filipinas