miniatura|250px|Globicephala macrorhynchus. Globicephala é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos catacterizados sobre todo poque o seu melón frontal está moi desenvolvido, o que fai que teñan a cabeza bulbosa, máis pronuciada nos machos adultos,Carwardine, M. (1995>), pp. 148-151. e ao que alude o nome do xénero, Globicephala, literalmente "os de cabeza en forma de globo", e que en galego coñécense como caldeiróns.Véxase a 3ª acepción de caldeirón no dicionario da RAG .

Son animais sociais que se desprazan frecuentemente en grupos que oscilan entre unha decena e varios centos de individuos.

Taxonomía Descrición O xénero Globicephala foi creado por Lesson en 1828, aparecendo por primeira vez en Compl. Oeuvres Buffon Hist. Nat., 1: 441, tomando como especie tipo a Delphinus globiceps Cuvier, 1812 (= Delphinus melas Traill, 1809).

Sinonimia Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos sinónimos seguintes:Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005) Cetus Wagler, 1830 Globiceps Flower, 1884 Sphaerocephalus Gray, 1864

Clasificación O xénero comprende dúas especies,ref name=S>Globicephala Lesson, 1828 no ITIS.</ref> unha delas con dúas subespecies:

Globicephala macrorhynchus (Gray, 1846) – caldeirón tropical Globicephala melas (Traill, 1809) – caldeirón propiamente dito, ou caldeirón común. Globicephala melas melas – no Atlántico norte. Globicephala melas edwardii – no Hemisferio sur.

Nota taxonómica

Segundo van Bree (1971), antigamente a especie denominábase Globicephala melaena, pero segundo o artigo 31b da terceira edición do Código internacional de nomenclatura zoolóxica (1985), da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, modificouse en melas, como exemplo dun adxectivo grego que non cambia a súa terminación cando se transfire dun xénero no que previamente figuraba a outro posterior (sen modificar, por tanto, a concordancia gramatical entre nome xenérico e específico.

Estado das poboacións En 2008, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza cualificou o estado de conservación das poboacións de ambas as especies como "DD" (datos insuficientes).

No caso de Globicephala melas, en primeiro lugar, porque é tratada como unha soa especie, aínda que puidera tratarse de dúas ou máis (do que non hai de momento probas) e, se así fora, algunhas destas poboacións poderían xustificar o seu listado en categorías superiores de risco.Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Globicephala melas na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 24 de agosto de 2016.Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Globicephala macrorhynchus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 24 de agosto de 2016.

As principais ameazas que poderían causar caídas importantes das súas poboacións son actuacións antropoxénicas, como o aumento dos ruídos dos sonares, especielmente dos militares e os empregados nas prospeccións sísmicas, e as captutras accidentais na pesca, especialmente na de luras, calculándose que podería reducir a súa poboación global nun 30 % ao longo de tres xeracións.Taylor, B. L., Chivers, S. J., Larese, J. and Perrin, W. F. (2007): Generation length and percent mature estimates for IUCN assessments of Cetaceans. Southwest Fisheries Science Center.

En canto a Globicephala macrorhynchus, as razóns aducidas pola UICN son as mesmas que para a especie anterior.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Delfínidos Grampus griseus

Ligazóns externas Globicephala na ADW.

Categoría:Delphinidae