José Ramón Curbera Fernández, nado en Vigo o 7 de outubro de 1870 e finado na mesma cidade o 15 de xuño de 1937Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-6-1937, p. 3 , foi un ciclista, empresario e industrial conserveiro galego.

Traxectoria Era fillo do industrial José Ramón Curbera Puig. Durante a súa xuventude dedicouse ao ciclismo, sendo un destacado impulsor deste deporte e a primeira gran figura do ciclismo en Galicia, e conseguindo varios récords a nivel nacional. Implicouse tamén noutros deportes e foi fundador do Real Club Náutico de Vigo en 1906 e presidente do Real Vigo Sporting de fútbol entre 1913 e 1924.

Entrou a traballar co seu pai na conserva en 1892 e en 1897 encargouse da fábrica de Guixar. Introduciu o xeito de xareta e as traíñas. Adquiriu en 1900 unha segunda fábrica en Bueu e inaugurou outra no Areal de Vigo en 1906. Foi vogal do Consello de Administración do Banco de Vigo (1903-1915) e presidente da Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia (1912-1918 e 1928-1933). Foi candidato a deputado a Cortes polo distrito de Vigo fronte a Ángel Urzaiz en 1918, apoiado por republicanos e socialistas e tamén formou parte na Liga de Defensores de Vigo. miniatura|Curbera xunto a Waldo Gil, Eduardo Minchin e Juan Long na saída dunha carreira organizada polo Club Velocipedista en 1897. Contrario a calquera iniciativa corporativista, enfrontouse coa ditadura de Primo de Rivera e mantivo distancias cos sublevados o 18 de xullo de 1936.

Vida persoal Casou con Fermina Alonso Lamberti en 1908.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Presidentes de clubs de fútbol de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios do sector conserveiro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos