miniatura|300px|Edifico da Universidade. Hoxe Facultade de Xeografía e Historia. Antonio Sousa Alonso, nado en Santiago de Compostela o ano 1942 e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2013, foi un destacado profesor na área da Química Inorgánica.

Traxectoria Cursou a licenciatura de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago, que comezou na antiga sede da universidade no curso académico 1959-60, rematándoa no curso 1964-65, xa na nova Facultade de Ciencias do campus sur (hoxe Facultade de Química), participando como voluntario nas vacacións de Nadal do curso 62-63, canda outros tres alumnos residentes en Santiago, na recuperación e instalación dos vellos aparellos do Laboratorio de Física.

Xa desde os tempos de alumno da súa facultade de toda a vida, destacou pola súa intelixencia e o seu traballo como discente, non limitándose a estudar os apuntamentos e os libros de texto marcados polos profesores, senón todo o material bibliográfico que caía nas súas mans, abraiando aos seus compañeiros cos seus coñecementos, entre outras cousas, da física cuántica.

Despois de doutorarse, gañou a cátedra de Química Inorgánica da súa universidade, onde exerceu o seu maxisterio até o día da súa morte.Horario del profesor para el curso académico 2012/2013

Casou con Dolores Pedrares, química coma el, coa que tivo dous fillos, Dolores e Antonio, este último na actualidade profesor doutor contratado da área de Química inorgánica da facultade compostelá.Antonio Sousa Pedrares en CiQUS, USC. Consultada o 2 de agosto de 2021.

A Universidade de Santiago recibiu con fondo pesar a noticia do falecemento do profesor Sousa Alonso quen, en palabras do decano da Facultade de Química, Ramón Estévez, foi un destacado investigador que desenvolvera un frutífero labor ao longo destes anos, describíndoo como "unha persoa de gran frescura intelectual" e "con liderado indiscutíbel nos equipos de investigación que dirixiu"."Pesar por el fallecimiento del profesor Antonio Sousa" El Correo Gallego] 13/2/2013.

Algunhas publicacións 1971. "Entalpia de reacción de Fe (II) y Fe (III) con fenantrolina y algunos derivados sustituidos". Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 1: 19-22. 1976. "Complejos moleculares de transferencia de carga", con José Ramón Masaguer Fernández. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 3-4: 3-21. 1976. "Complejos moleculares de transferencia de carga: interacción de yodo con picolinas", con José Arturo García Vázquez e José Ramón Masaguer Fernández. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 1-2: 39-60. 1976. "Determinación de las entalpias de formación de algunas sales de hidrazina", con José Ramón Masaguer Fernández e María Victoria Coto Pardo. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela 1-2: 61-68. 1980. "Complejos de Cl4Ti con bases de Schiff monodentadas derivadas de benzaldehido", con Miguel Gayoso Andrade. Acta científica compostelana. Revista de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Santiago de Compostela. 3-4: 173-186. 2002. "Synthesis, structure and characterisation of a Mn(IV) complex with a potentially tridentate phosphinothiol ligand", con Jonathan R. Dilworth, Paulo Pérez Lourido, Jesús Castro Fojo, José Arturo García Vázquez, Laura Rodríguez, Otaciro R. Nascimento e Jaime Romero. Inorganic chemistry communications 5 (5): 337-339.

Teses dirixidas O doutor Sousa dirixiu 14 teses de doutoramento.Antonio Sousa Alonso en Dialnet.

Notas

Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2013