Ángel Pérez Gándaras, nado en Baralla cara a 1904 e finado en Lugo o 13 de febreiro de 1937, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Pérez Rodríguez e Manuela Gándaras López e irmán de Domingo Pérez Gándaras. Farmacéutico na Pontenova. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Vilaoudriz xunto con José Antonio Dopacio Mesa, Manuel Enríquez Fernández e Jesús Sampedro Vázquez.BOP Lugo, 11-11-1936, p. 3. Foi detido e ingresou na Prisión de Lugo o 31 de xullo de 1936. Xulgado en Lugo por rebelión militar con outros 24 veciños da Pontenova o 4 de decembro de 1936,La Voz de la Verdad, 5-12-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 13 de febreiro de 1937.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Farmacéuticos de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Baralla Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1904