miniatura|dereita|350px|Un modelo das migracións humanas baseado no ADN mitocondrial. Mostra todo o mundo, co polo no centro. África, foco inicial das migracións, está na cima á esquerda. Os números representan os miles de anos antes do presente.

Na paleoantropoloxía, a orixe recente dos humanos modernos en África, abreviada como teoría da Saída de África, é o modelo máis aceptado para describir a dispersión xeográfica dos humanos anatomicamente modernos e as súas primeiras migracións. A nivel académico sóeselle chamar a hipótese da única e recente orixe, a hipótese de substitución ou a orixe africana recente. Ata a década dos oitenta era un modelo especulativo que se corroboraría cun estudo do ADN mitocondrial das poboacións humanas actuais combinándoo con restos de espécimes fósiles e estudos físico-antropolóxicos.

Os estudos xenéticos e os restos fósiles mostran que os Homo sapiens arcaicos evolucionaron cara a humanos anatomicamente modernos exclusivamente en África, entre hai 200,000 e 150,000 anos e que esa comunidade de Homo sapiens saíu de África hai entre 125,000 e 60,000 anos. Esas poboacións de Homo sapiens desprazarían os Neandertais e con Homo erectus. A data da primeira saída de África exitosa, isto é, os primeiros emigrantes con descendentes que sobreviviran, foi hai 60,000 anos, como suxiren estudos poboacionais xenéticos, malia que con todo hai restos arqueolóxicos arábicos de ferramentas que mostran que existiron poboacións alí xa hai 125,000 anos.

Un recente estudo revela que que existe unha primeira liñaxe, anteriormente descoñecida, de 338,000 anos o que fai que se atrase a estimación para o devanceiro común máis recente (Y-MRCA).

A única e recente orixe dos humanos modernos no leste africano é a posición máis predominante arestora dentro da comunidade científica. Existen teorías que discrepan en se houbo un único éxodo ou varios. O modelo de dispersión múltiple implica considerar a posibilidade da teoría da Dispersión do SurField, J.; Petraglia, M. & Mirazon Lahr, M. (2007) The Southern Dispersal Hypothesis and the South Asian Archaeological Record: Examination of Dispersal Routes through GIS Analysis. Journal of Anthropological Archaeology, 26: 88-108. que está a gañar apoios grazas a estudos xenéticos, lingüísticos e restos arqueolóxicos. Outra serie de autores están a sospeitar dunha "longamente ignorada África do Norte" como lugar de orixe dos humanos modernos, que serían os que saíran do continente.

A principal hipótese que compite coa saída de África é a orixe multirexional dos humanos modernos, que propón que houbo múltiples migracións de Homo sapiens que hibridarían coas poboación locais de Homo erectus e múltiples rexións do planeta. A meirande parte dos multirrexionalistas aprecian que África sería a principal fonte da diversidade xenética mais danlle lugar a que houbese hibridacións.

Múltiples probas xenéticas da última década teñen mostrado que varias especies das agora extintas especies de humanos arcaicos hibridasen cos humanos modernos. Esas especies deixaron un impacto xenético destacable en todo o mundo: os Neadertais en todas as poboacións humanas agás nas poboacións africanas subsaharianas, os Homínidos de Denisova en Australasia (como o o son os melanesios, aborixes australianos ou os Negritos) e unha hibridación entre Subsaharianos africanos cunha aínda descoñecida especie de homínidos (posiblemente parte das poboacións de Homo heidelbergensis). A proporción de hibridación mostrouse que era relativamente baixa, entre o 1 e o 10%The Human Stewhttp://www.plosgenetics.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pgen.1002837.

miniatura|320px|Mapa das primeiras migracións humanasLiterature: Göran Burenhult: Die ersten Menschen, Weltbild Verlag, 2000. ISBN 3-8289-0741-51. Homo sapiens2. Neandertais3. Primeiros homínidos

Notas

Bibliografía Stringer, Chris: Lone Survivors: How We Came to Be the Only Humans on Earth. Times Books, New York, 2012. ISBN 9781429973441 (libro electrónico en inglés).

Categoría:Bioloxía Categoría:Antropoloxía