Richard Samuel Attenborough, nado en Cambridge o 29 de agosto de 1923,Encyclopaedia Britannica e finado o 24 de agosto de 2014, foi un director de cinema e actor inglés.

Traxectoria Serviu na Royal Air Force durante a segunda guerra mundial.

A súa carreira comezou como actor teatral, debutando no cinema en 1942 en In Which We Serve, aínda que sen acreditar. O papel que o revelou foi en Brighton Rock, adaptación da novela de Graham Greene.

Seguiu traballando no cinema británico e estadounidense durante os cincuenta e sesenta, gañando premios como o Globo de Ouro ou o BAFTA.

Debutou coma director en 1969, facendo as súas interpretacións menos habituais. A súa intervención en Parque Xurásico tivo lugar catorce anos despois da anterior.

O seu maior éxito foi Gandhi, coa que gañou o Óscar ó mellor director, ademais doutros premios.

Casou en 1949 coa actriz Sheila Sim. A súa filla máis vella, Jane, morreu xunto coa súa filla de quince anos e a súa sogra no tsunami provocado polo terremoto do Índico do 2004. Era irmán do naturalista David Attenborough.

Obra Actor 1960 - The Angry Silence 1962 - The L-Shaped Room 1963 - A grande evasión 1964 - Séance on a Wet Afternoon 1965 - The Flight of the Phoenix 1966 - The Sand Pebbles 1967 - Doctor Dolittle 1993 - Parque Xurásico 1998 - Elizabeth Director 1969 - Oh! What a Lovely War 1972 - O mozo Winston 1977 - Unha ponte lonxana 1978 - Maxia 1982 - Gandhi 1985 - A Chorus Line 1987 - Cry Freedom 1992 - Chaplin 1993 - Shadowlands 1996 - No amor e mais na guerra 1999 - Grey Owl 2007 - Closing the Ring

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema do Reino Unido Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1923 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Cambridge Categoría:Británicos de ascendencia inglesa