Unha loura moi legal (en ) é un filme estadounidense dirixido por Robert Luketic que se estreou no 2001. Estreouse en galego a través da TVG o 2 de marzo de 2012.

Sinopse Elle Woods é a loira prototípica, unha rapaza popular, boa estudante, presidenta da súa irmandade e Miss Xuño no calendario da Universidade. Desfrutou dunha vida marabillosa e está namorada de Warner Huntington III. Pero todo derrúbase cando o seu noivo decide romper con ela debido a que é loira e non formal de abondo para a súa futura carreira no mundo da política. Decidida a saír adiante, Elle matricúlase na Facultade de Dereito da Universidade de Harvard, asumindo un reto aínda maior do que agardaba.

Personaxes Reese Witherspoon como Elle Woods Luke Wilson como Emmett Richmond Selma Blair como Vivian Kensington Matthew Davis como Warner Huntington III Victor Garber como Profesor Callahan Jennifer Coolidge como Paulette Bonafonté Holland Taylor como Profesor Stromwell Ali Larter como Brooke Taylor-Windham Jessica Cauffiel e Alanna Ubach como Margot e Serena Oz Perkins como "Dorky" David Kidney Linda Cardellini como Chutney Windham Raquel Welch como Mrs. Windham-Vandermark Meredith Scott Lynn como Enid Wexler

Galardóns e nomeamentos 2001: Globos de Ouro: Nomeado a mellor filme Comedia e actriz comedia (Reese Witherspoon).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Elle (serie de televisión) Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes xurídicos Categoría:Filmes dirixidos por Robert Luketic Categoría:Filmes ambientados en 2001 Categoría:Filmes ambientados en 2004 Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes de 2001 con versión en galego