Franklin James Schaffner, nado en Tokyo o 30 de maio de 1930 e finado en Santa Monica (California) o 2 de xullo de 1989, foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria Naceu no Xapón, fillo de dous misioneiros, e alí medrou ata que marchou aos Estados Unidos a estudar, deixando os estudos de dereito na Universidade de Columbia ao participar na segunda guerra mundial.

Trala guerra comezou a traballar na televisión, ata chegar a dirixir o seu primeiro filme en 1963.

En 1968 obtivo un grande éxito, tanto de público como de crítica con O planeta dos simios e coa súa seguinte película, Patton, gañou o oscar ao mellor director.

Obra 1963 - The Stripper 1964 - The Best Man 1965 - The War Lord 1967 - O meu doble nos Alpes 1968 - O planeta dos simios 1970 - Patton 1971 - Nicholas and Alexandra 1973 - Papillon 1976 - Islands in the Stream 1978 - The Boys from Brazil 1980 - A esfinxe 1982 - Yes, Giorgio 1987 - Lionheart 1989 - Welcome Home

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Óscar ó mellor director