Michael Peter "Mike" Muscala, nado o 1 de xullo de 1991 en St. Louis Park, Minnesota, é un ex xogador profesional de baloncesto americano. Cunha estatura de 2,11 metros xogaba nas posicións de ala-pivote ou de pivote.

Traxectoria profesional Muscala foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Dallas Mavericks. Despois foi traspasado xunto a Lucas Nogueira e Jared Cunningham ós Atlanta Hawks a cambio da 18ª elección do Draft, Shane Larkin. O 31 de xullo de 2013, Muscala asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, Muscala acadou 14.6 puntos e 7.8 rebotes por encontro, cunha valoración media de 16.9.

O 25 de febreiro de 2014 deixou o Obradoiro para xogar na NBA. O 27 de febreiro de 2014, asinou un contrato de varios anos cos Atlanta Hawks.HAWKS SIGN MIKE MUSCALA TO CONTRACT

O 6 de febreiro de 2019, Muscala foi traspasado xunto a Wilson Chandler, Landry Shamet e unha futura elección do Draft ós Los Angeles Clippers, a cambio de Boban Marjanović, Mike Scott e Tobias Harris.Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers O día seguinte, Muscala foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio de Michael Beasley e Ivica Zubac.

O 10 de xullo de 2019, Muscala asinou cos Oklahoma City Thunder.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no condado de Hennepin, Minnesota‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons