Joan de Beauvoir de Havilland, nada en Tokyo o 22 de outubro de 1917 e finada en California o 15 de decembro de 2013, foi unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.

Traxectoria Naceu en Tokyo de pais británicos, pois o seu pai foi profesor de inglés nesa cidade. A súa nai, actriz de teatro, deixou a interpretación ao marchar ao Xapón, pero volvería ao teatro tralo éxito das súas fillas. Debido a súa saúde, a familia instalouse logo en California, pero o pai abandonounos e volveu ao Xapón. Aos dezaseis marchou a vivir con el, graduándose na “American School in Japan”.

Debutou no teatro en 1935 e deseguido logrou un contrato coa RKO, actuando en varios filmes. O papel que a converteu definitivamente nunha estrela foi o de Rebecca, de Alfred Hitchcock. O ano seguinte gañaría o oscar á mellor actriz por Sospeita, do mesmo director, superando a súa irmá, Olivia de Havilland, tamén candidata.

O seu éxito continuou ao longo dos anos corenta, baixando un pouco nas décadas seguintes, nas que tamén se dedicou ao teatro e á televisión. Retirouse definitivamente en 1994.

Filmografía Ano Filme 1935 No More Ladies 1937 A Million to One 1937 The Man Who Found Himself 1937 You Can't Beat Love 1937 Music for Madame 1937 A Damsel in Distress 1938 Maid's Night Out 1938 Blond Cheat 1938 Sky Giant 1938 The Duke of West Point 1939 Gunga Din 1939 Man of Conquest 1939 The Women 1940 Rebecca 1941 Sospeita 1942 This Above All 1943 The Constant Nymph 1943 Jane Eyre 1944 Frenchman’s Creek 1945 The Affaires of Susan 1946 From This Day Forward 1947 Ivy 1948 Carta dunha descoñecida 1948 The Emperor Waltz 1948 You Gotta Stay Happy 1948 Kiss the Blood Off My Hands 1950 September Affair 1950 Nacida para o mal 1951 Darling, How Could You! 1952 Something to Live For 1952 Ivanhoe 1953 Decameron Nights 1953 Flight to Tangier 1953 O bígamo 1954 Casanova's Big Night 1956 Serenade 1956 Beyond a Reasonable Doubt 1957 Island in the Sun 1957 Until They Sail 1958 A Certain Smile 1961 Voyage to the Bottom of the Sea 1962 Tender Is the Night 1968 The Witches

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2013