O pé azulSetas ou cogumelos de Galicia Vigo, Xerais, 1990; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo (Clitocybe nuda (Bull.) H.E.Bigelow & A.H.Sm., frecuentemente nomeada na bibliografía galega polo seu sinónimo Lepista nuda Fr. ex Bull.Algúns autores prefiren reter o xénero Lepista comprobar) é un cogomelo dunha cor espectacularmente azul ou violeta escura, saprófita que medra en solos con abundante humus. É comestíbel cociñada, mais en cru pode producir gastroenterite ou outras reaccións nalgúns individuos.
Descrición Posúe un chapeu de 5 a 15 cm, marrón, azul ou violeta e a súa forma pode ser dende convexa a achatada, coa marxe enrolada. A cutícula de cor azul ou violeta coas lamelas moi finas e apertadas, que se desprenden facilmente do resto do chapeu. Pé de forma cilíndrica, de cor azulada fibrada e con base bulbosa. As esporas son de cor rosa.
Hábitat e época Medra en solos con abundante humus, sendo un dos cogomelos máis serodios do outono. Chega a medrar en inverno e primavera. Forma ás veces grandes grupos ou circunferencias en bosques de frondosas e de coníferas, xardíns, beirís dos camiños e carreiros ou en leiras fértiles ou ermas.
Comestibilidade e confusións
A carne é feble e tenra, cun recendo e sabor agradábeis, porén velenoso en cru.
Pódese confundir con cogomelos violetas do xénero Cortinarius, non comestíbeis e de cheiros desagradábeis a: mofo, terra, ouriños ou pólvora.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6.
Categoría:Clitocybe Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos descritos en 1790