miniatura|Vibráfono O vibráfono é un instrumento de percusión, idiófono, formado por lamelas metálicas que se dispoñen de forma cromática. É un instrumento moi antigo, descendente dos metalófonos de Xava e Balí. As lamelas están suspendidas e debaixo teñen uns tubos resoadores. Ten novos avances, como a colocación dun pedal que fai que se suspendan completamente todas as lamelas ou se apaguen contra unhas almofadiñas. Tamén pode ter un pequeno motor que move unhas aspas dentro dos tubos e o toca; o son resoa e fai un bonito vibrato.

Categoría:Instrumentos de percusión