Fearless tamén coñecido como Huo Yuanjia, é un filme de acción dirixido por Ronny Yu que se estreou no 2006. Está protagonizado por Jet Li, que interpreta o lendario loitador Huo Yuanjia. A historia está vagamente baseada na vida do artista marcial chinés que se enfrontou a loitadores estranxeiros en combates de moita sona, co cal restaurou o orgullo da China nun tempo no que o imperialismo occidental e a presión xaponesa estaban a desgastar ó país nos derradeiros anos da Dinastía Qing.

Sinopse China durante a primeira década do século XX. O país padece de corrupción e da invasión estranxeira. Huo Yuanjia é un lendario mestre de artes marciais. Fondamente humillado pola morte do seu pai por mor dun duelo público, o mozo decide converterse no mellor loitador de Tianjin. Con motivo dunha disputa con outro mestre, perde a dous dos seus seres máis queridos que son asasinados por vinganza. Tolo de dor e de vergoña, Huo Yuanjia foxe sen importarlle a morte nin a vida.

Personaxes Jet Li como Huo Yuanjia Dong Yong como Nong Jinsun Nakamura Shidō II como Anno Tanaka Collin Chou como Huo Endi Betty Sun como Yueci Nathan Jones como Hercules O'Brien Paw Hee-ching como Nai de Huo Yuanjia Mike Leeder como Randall Ian Powers como Dante Anthony De Longis como Anthony Garcia Brandon Rhea como Coronel Han Herzon Jean-Claude Leuyer como Peter Smith Somluck Kamsing como Beicha Masato Harada como Mr. Mita John T. Benn como Home de negocios americano Philippe Millieret como Home de negocios francés John Paisley como Home de negocios inglés Michelle Yeoh como Ms. Yang Hu Xiaoling como filla de Huo Yuanjia Chen Zhihui como Qin Lei He Sirong como Muller de Qin Ma Yin como Filla de Qin Ting Leung como Laifu Qu Yun como Avoa Sun Ma Zhongxuan como Zhao Jian Jacky Heung como Sobriño de Qin Zhao Zhonggang como Zhao Zhiqiang Zheng Shiming como Xia Xiang Chen Fusheng como Xu Dashan Wang Qi como Gui He Jun como Bang Liu Licheng como Qiang Qian Yi como Árbitro no combate de Huo e O'Brien Sun Yueqiu como Accountant Yi Shixiong como Liu Zhensheng Ma Jing, Wei Binghua, Zhao Tieying, Xu Yonghai e Song Shuo como Estudantes de Huo Yuanjia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes ambientados na dinastía Qing Categoría:Filmes ambientados en 1900 Categoría:Filmes ambientados en 1909 Categoría:Filmes ambientados en 1910