Superlópez é o título que engloba unha serie de historietas protagonizada polo personaxe homónimo, creado en 1973 polo debuxante español Juan López Fernández, máis coñecido polo seu alias, «Jan».

Historia e características O seu creador, Fernández, ocupouse do seu desenvolvemento dende o primeiro, coa excepción dos guións iniciais —entre os que destacan os escritos por Efepé—Guiral (2008), p. 267 e o do álbum Otra vez el supergrupo —realizado en 2013 con motivo do 40 aniversario e con guión pertencente de novo a Efepé—. O personaxe, deseñado inicialmente para unha monografía de humor gráfico da editorial Euredit, constituíu o último éxito de Bruguera (a popularidade de Superlópez só foi superada por Mortadelo e Filemón), aínda que se desligou do estilo propio da editorial. Máis tarde, Ediciones B fíxose cargo da publicación das historietas, aínda que a serie recibe usualmente a crítica de ter descendido en calidade dende as súas primeiras entregas.Aguilera y Díaz (1989), p. 293.Cuadrado (2000), p. 1197.

Nacida como unha parodia de Superman, acabou converténdose nun vehículo do seu debuxante para abordar multitude de temas. Mentres que nas primeiras entregas se atopa máis presente o compoñente paródico, cun humor disparatado, máis adiante a serie adquire unha maior profundidade, coa intención de crear varios niveis de lectura ao incluír unha maior carga social.

É habitual que as historietas traten temas de actualidade, así como que estean fielmente representadas en contornas realistas, froito do carácter observador e detallista do seu creador e do seu empeño por documentarse minuciosamente.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas StudioJan, la página del autor La página Escarolitrópica Gmnésica de Superlópez Viñetas y bocadillos - Superlópez : el virus Frankestein, emitido en RNE 5 (27 de novembro de 2010) Traducción del lenguaje Petiso

Categoría:Personaxes da banda deseñada Categoría:Obras de banda deseñada