Jungfrun i tornet (en galego A xove na torre) JS 101, é a única ópera completa de Jean Sibelius. Trátase dunha obra nun único acto dividida en oito escenas sobre un libreto en sueco de Rafael Herzberg baseado nunha balada popular finlandesa que conta unha historia de amor verdadeiro e xustiza.Jean Sibelius:Jungfrun i Tornet (1896) A súa estrea tivo lugar o 7 de novembro de 1896 no Ruotsalainen teatteri de Helsinqui baixo a dirección do propio directror.

Historia A ópera foi composta por Sibelius en 1896, tan só un ano despois do éxito colleitado pola súa Suite Lemminkäinen.THE MAN: The Symposion years 1892-1897 A ópera foi estreada nunha versión de concerto durante unha recolección de fondos da Sociedade Filharmónica de Helsinqui o 7 de novembro de 1896 no Ruotsalainen teatteri de Helsinqui nunha versión de concerto coa Helsingin kaupunginorkesteri dirixida polo propio Sibelius.

Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo nas estatísticas de Operabase entre as 100 óperas máis representadas con tan só unha representación.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea o 5 de novembro de 1896(Director: Jean Sibelius)Jungfrun, a xovesopranoIda FlodinFogden, o alguacilbarítonoAbraham OjanperäÄlskaren, o seu namoradotenorEngströmSlottsfruen, a muller do castelomezzosopranoEmmy Achté

Argumento A historia está ambientada na Idade Media. Logo de que a xove rexeite os avances do alguacil (quen a quere para si), el a encadea e a secuestra no seu castelo. Ela consegue dicirlle ao seu namorado a súa situación e el prepárase para batirse en duelo para liberala cando chega a muller do castelo e arresta ao alguacil. A xove e o seu namorado reúnense e a ópera finaliza coa alegría xeral.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Sancta Maria" por Karita Mattila (en YouTube)

Categoría:Óperas de Jean Sibelius Categoría:Óperas en sueco Categoría:Óperas estreadas en Helsinqui Categoría:Óperas de 1896