Adrian Hardy Haworth, nado o 19 de abril de 1767 en Kingston upon Hull (ou Hull), Yorkshire, Inglaterra (Reino Unido), e finado o 24 de agosto de 1833 en Chelsea (Londres), foi un entomólogo, carcinólogo e botánico inglés.
Traxectoria Foi educado por titores que o encamiñaron cara ao dereito, pero Haworth amosou pouco interese pola profesión e, despois de herdar a facenda dos seus pais, dedicou todo o seu tempo á historia natural.
En 1792 estableceuse en Chelsea, onde coñeceu ao naturalista William Jones (1750–1818), que chegaría a exercer unha grande influencia sobre el.
En 1798 foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres. No seu traballo de investigación contou coa axuda do uso da biblioteca e o herbario do seu amigo Sir Joseph Banks (1743–1820), e coas visitas regulares aos Royal Botanic Gardens de Kew.
Como entomólogo, foi o autor de Lepidoptera Britannica (1803–1828), a obra máis autorizada en bolboretas e avelaíñas británicas até a aparición do Manual de Henry Tibbats Stainton en 1857.
Tamén era carcinolólogo especializado en camaróns. É o autor de varios taxa, incluíndo: Orde Mysida Haworth, 1825 Familia Mysidae Haworth, 1825 Superfamila Pandaloidea Haworth, 1825 Familia Pandalidae Haworth, 1825 Superfamilia Crangonoidea Haworth, 1825 Familia Crangonidae Haworth, 1825 Familia Porcellanidae Haworth, 1825
e describiu e nomeou 22 novos xéneros de avelaíñas.Natural History Museum, London
En 1812 escribiu o primeiro artigo do Volume 1 de ''Transactions of the Entomological Society of London, unha revisión dos traballos previos sobre insectos británicos.
En 1833, prestou apoio á fundación da que se convertería na Royal Entomological Society of London.
Obras principais Synopsis Plantarum Succulentarum (Londres, 1812) Saxifragearum enumeratio (Londres, 1821) Lepidoptera Britannica (1803-1828) Observations on the Genus Mesembryanthemum (Londres, 1794)
Epónimos miniatura|Celaena haworthii.
O xénero de plantas Haworthia Duval, da familia das Asphodelaceae está dedicado a Adrian Hardy Haworth.Brummitt, R. K. & C. E. Powell(1992): Authors of Plant Names. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 84246-085-4. O entomólogo británico John Curtis denominou en 1829 unha bolboreta da familia dos Noctuidae como Celaena haworthii na honra de Adrian Hardy Haworth.
Abreviaturas A abreviatura Haw. emprégase en botánica para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía das plantas. A abreviatura Haworth emprégase en zooloxía para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía dos animais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Google Books Artigos de Howarth en Transactions of the Entomological Society of London Volume 1.
Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Nados en Yorkshire Oriental Categoría:Nados en 1767 Categoría:Finados en 1833