Susana de Italia, nada cara ao 955 e finada o 7 de febreiro de 1003, tamén coñecida como Rosala de Italia ou Rosala de Ivrea, foi unha condesa de Flandres por matrimonio e Raíña consorte dos Francos.

Traxectoria Filla do rei de Italia Berengario II, casou en primeiras nupcias co conde de Flandres Arnulfo II (961 - 987) co que tivo tres fillos:

Balduíno IV. Eudes de Cambrai. Matilde de Flandres.

Dado que o seu fillo era menor cando o seu pai finou, ela exerceu como titora.

Unha vez viúva e a pesar da diferenza de idade (preto de vinte anos máis que o seu futuro esposo), casou co príncipe herdeiro de Francia Roberto debido aos desexos do pai deste, Hugo Capeto. O seu dote era interesante pois ela achegaba Montreuil e Ponthieu.Christian Bouyer, Dictionnaire des Reines de France, Librairie Académique Perrin, 1992 ISBN 2-262-00789-6 Cando o seu marido chegou ao trono, repudiouna entre (991/992), quedando co dote.

Rosala, que cambiara o nome ao converterse en raíña, retirouse a Flandres xunto co seu fillo Balduíno IV onde finou e foi enterrada na abadía de San Pedro de Gante en Gante.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Raíñas consortes de Francia Categoría:Finados en 1003