miniatura|right|200px|Lewis Hamilton, logrou o seu 3º Campionato do mundo de pilotos. miniatura|300px|Mercedes logrou o seu 2º Campionato do mundo de construtores consecutivo co F1 W06 Hybrid. O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 foi a 66ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Competiron dez equipos e vinte e dous pilotos, que disputaron dezanove Grandes Premios, comezando o en Australia o 15 de marzo e terminando en Abu Zabi o 29 de novembro.

Lewis Hamilton gañou o campionato de pilotos que defendía logo de conseguir o seu segundo título no Gran Premio de Abu Zabi de 2014 O seu equipo, Mercedes, comezou a tempada como defensor do campionato de construtores, logo de lograr o seu primeiro título de campión no Gran Premio de Rusia de 2014.

O calendario contou con dous cambios significativos; o primeiro foi o regreso do Gran Premio de México, que se celebrou por primeira vez desde , mentres que o Gran Premio de Alemaña foi eliminado en última instancia, logo de non conseguir finanzación, deixando ao país sen unha proba do Campionato do Mundo por primeira vez en cincuenta e cinco anos.

A tempada 2015 viu a introdución do "Teito de Custos", unha serie de medidas de redución de custos negociados pola FIA en 2013.

Hamilton conseguiu o seu terceiro campionato de pilotos a falta de tres carreiras para o fin da tempada. O subcampión foi o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, 59 puntos por detrás, con Sebastian Vettel de Ferrari terceiro, outros 44 puntos máis atrás. Mercedes asegurou o título de construtores de 2015 no Gran Premio de Rusia, por diante de Ferrari e Williams, e terminou a tempada cunha marca de 703 puntos. Hamilton gañou o Trofeo Pole da FIA, logo de lograr once poles na tempada e o Premio DHL á volta rápida. Ferrari gañou o primeiro Premio Pit Stop DHL.

Equipos e pilotos

Os seguintes equipos e pilotos participaron no Campionato Mundial de Fórmula 1 de .

Equipo Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Nº Piloto Roldas Nº Piloto probas Scuderia Ferrari135px Ferrari SF15-T Ferrari 059/4 57 todasTodascolspan="2" Sahara Force India F1 Team 135px VJM08VJM08B 1127 Sergio Pérez TodasTodascolspan="2" Lotus F1 Team 135px Lotus-Mercedes E23 Hybrid 813 TodasTodas30 Jolyon Palmer 135px Marussia-Ferrari MR03B Ferrari 059/3 289853 Will Stevens Roberto Merhi Todas 42   Fabio Leimer McLaren Honda 135px McLaren-Honda Honda RA615H Hybrid 201422  Kevin Magnussen Jenson Button 12–19Todascolspan="2" 135px Mercedes 644 Nico Rosberg TodasTodascolspan="2" Infiniti Red Bull Racing 135px RB11 326 Daniil Kvyat TodasTodascolspan="2"    Sauber F1 Team 135px Sauber-Ferrari C34 Ferrari 059/4 912 Felipe Nasr Todastodas 36 Scuderia Toro Rosso 135px Toro Rosso-Renault STR10 3355 TodasTodascolspan="2" Williams Martini Racing 135px Williams-Mercedes FW37 1977 Felipe Massa Valtteri Bottas TodasTodas 41 Susie Wolff Fontes:

Notas:

‡ – Will Stevens e Roberto Merhi foron incluídos na primeira rolda en Australia, pero aínda que tanto eles como Marussia estaban presentes, non competiron porque o equipo non puido completar os seus coches a tempo para a carreira.

Novos equipos En decembro de 2013, a FIA anunciou a súa intención de abrir a grella a máis equipos, buscando o que denominou "equipos competitivos" dispostos a comprometerse co campionato ata a tempada . Recibíronse tres solicitudes, incluíndo unha oferta de Gene Haas, copropietario do equipo Stewart-Haas Racing da NASCAR Sprint Cup Series unha solicitude de Romanía, en conxunto co exdirector de Jordan, Midland, Spyker, Force India HRT Colin Kolles, e unha terceira de Zoran Stefanovic, un enxeñeiro aeroespacial serbio que xa o intentara na tempada e baixo o nome de Stefan GP. O proceso de licitación atrasouse, a FIA só estaba buscando un equipo para agregar á grella, pero que o as dúas primeiras ofertas eran igualmente viables. Haas F1 foi o candidato elixido, pero Haas aprazou a súa participación ata a tempada . Bernie Ecclestone anunciou que o equipo romanés, chamado Forza Rossa Racing, fora aceptado, pero o equipo non se incluíu na lista provisional de inscritos para a tempada 2015.

Cambios de equipos

miniatura| 250px | McLaren renovou a súa relación co fabricante xaponés Honda, vinte e tres anos despois de competir por última vez xuntos. Na foto, o McLaren MP4 / 6, un dos últimos coches construídos por McLaren que utilizaron un motor Honda, no Gran Premio dos Estados Unidos de 1991. Honda regresou á Fórmula Un como fornecedor de motores, proporcionando a McLaren un motor V6 e o paquete de Sistema de Recuperación de Enerxía, poñendo fin á asociación de 20 anos do equipo con Mercedes. Honda xa fornecera previamente a McLaren desde a tempada ata , cando Honda terminou o seu programa de fornecemento de motores. A compañía volveu ao deporte como fornecedor de motores na tempada , forneceu a British American Racing e Jordan Grand Prix os motores ata que comprou o equipo BAR na tempada para competir como construtor, ata a tempada . Ademais do contrato con McLaren, Honda anunciou a súa vontade de fornecer a outros equipos. Lotus cambiou de fornecedor de motores, poñendo fin á súa asociación con Renault en favor dun acordo con Mercedes. Isto puxo fin a unha participación de 20 anos de Renault co equipo con base en Enstone, logo de ser o provedor de motores para Benetton desde , e sendo o dono do equipo de a . Logo do Gran Premio de Rusia de 2014, Marussia entrou en concurso de acredores, a falta das tres últimas carreiras da tempada . O equipo apareceu brevemente na lista provisional de inscritos baixo o nome " Manor F1", pero en novembro de 2014, os administradores anunciaron que o equipo deixaba a competición e pechaba. Pero o equipo salvouse da liquidación, en febreiro de 2015, cando asegurouse un novo investimento e o equipo deixou o concurso logo de alcanzar un acordo cos acredores. O equipo volveu participar como Manor Marussia e rexistrado como un equipo británico, en lugar de ruso. Os activos de Caterham F1 foron vendidos nunha poxa polos administradores durante as carreiras de apertura da tempada, e non foron incluídos na lista de inscritos definitiva publicada para a carreira inaugural.

Cambios de pilotos miniatura| 200px | Sebastian Vettel de Red Bull Racing, abandonou o equipo co que gañou catro campionatos mundiais de pilotos ao final da tempada , para fichar por Ferrari

Fernando Alonso substituíu a Kevin Magnussen en McLaren, volvendo ao equipo despois de correr por última vez para eles en . Logo dun accidente durante as probas de pre tempada, Alonso non participou na carreira de apertura da tempada, o Gran Premio de Australia, Magnussen foi o seu substituto temporal. Sebastian Vettel deixou Red Bull Racing ao final da tempada 2014 logo de quince anos co equipo. Para unirse a Ferrari no lugar de Alonso. Daniil Kvyat ascendeu a Red Bull desde Toro Rosso para ocupar o posto deixado vacante por Vettel. Con Kvyat promovido e a non renovación de Jean-Eric Vergne co quipo logo de finalizar a tempada , a aliñación de pilotos de Toro Rosso, renovouse por completo. No seu lugar, o equipo fichou ao campión da tempada 2014 das Fórmula Renault 3.5 Series, Carlos Sainz Vázquez de Castro, fillo do dous veces Campión do Mundo de Rallyes Carlos Sainz, e ao subcampión da tempada 2014 do Campionato da FIA de Fórmula Tres Max Verstappen fillo do expiloto de Jos Verstappen, que converteuse no piloto máis novo en facer o seu debut na Fórmula Un á idade de 17 anos e 164 días. A promoción de Verstappen foi controvertida, xa que fixo o seu debut logo dunha soa tempada nas carreiras de rodas abertas, logo de disputar o Campionato Europeo de Fórmula 3 de 2014 da FIA. Vergne pasou a participar no recentemente fundado Campionato de Fórmula E, mentres que converteuse nun piloto de desenvolvemento de Ferrari. Esteban Gutiérrez e Adrian Sutil foron liberados por Sauber, onde foron substituídos polo expiloto de Caterham Marcus Ericsson e o piloto de GP2 Felipe Nasr. Gutiérrez e Sutil pasaron a unirse a Ferrari e Williams, respectivamente, como pilotos de reserva.. Manor Marussia contratou a expiloto de Caterham Will Stevens para pilotar a súa primeira tempada completa no deporte, mentres que o expiloto de probas de Caterham Roberto Merhi asinou un acordo a curto prazo.. Os ex pilotos de Marussia Jules Bianchi, faleceu en Niza o 17 de xullo de 2015, como consecuencia das feridas provocadas polo accidente sufrido o 5 de outubro de 2014 durante a disputa do Gran Premio do Xapón sen haber despertado do coma. Max Chilton pasou a competir no campionato Indy Lights, Kamui Kobayashi abandonou Caterham para competir na serie Fórmula Súper no Xapón antes de que os administradores do equipo venderan nunha poxa os activos do equipo.

Cambios a metade de tempada

Alexander Rossi fixo a súa debut da Fórmula Un no Gran Premio de Singapur, en substitución de Roberto Merhi en Manor Marussia. Merhi volveu ao equipo para os grandes premios de Rusia e Abu Zabi, compartindo o coche con Rossi para o resto da tempada.

Outros cambios

Seguindo as recomendacións do informe do accidente de Jules Bianchi no Gran Premio do Xapón de 2014, a hora de inicio de 5 carreiras adiantarase unha hora, xa que as carreiras téñense que iniciar como mínimo 4 horas antes do anoitecer. Polo tanto, os Grandes Premios de Australia, Malaisia, China, Xapón e Rusia comezarán unha hora antes que en .

Lista de carreiras planificadas

Os seguintes dezanove grandes premios están programados para levarse a cabo en 2015.

Rolda Grand Prix                          Circuíto                      Data 1 Gran Premio de Australia Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne 15 de marzo 2 Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur 29 de marzo3 Gran Premio da China Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai 12 de abril4 Gran Premio de Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 19 de abril 5 Gran Premio de España Circuíto de Cataluña, Barcelona 10 de maio 6 Gran Premio de Mónaco Circuíto de Mónaco, Monte Carlo 24 de maio 7 Gran Premio do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal 7 de xuño 8 Gran Premio de Austria Red Bull Ring, Spielberg 21 de xuño 9 Gran Premio do Reino Unido Circuíto de Silverstone, Silverstone 5 de xullo 10 Gran Premio de Hungría Hungaroring, Budapest 26 de xullo 11 Gran Premio de Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Stavelot 23 de agosto 12 Gran Premio de Italia Autodromo Nazionale Monza, Monza 6 de setembro 13 Gran Premio de Singapur Circuíto urbano de Singapur, Singapur 20 de setembro 14 Gran Premio do Xapón Circuíto de Suzuka, Suzuka 27 de setembro 15 Gran Premio de Rusia Circuíto urbano de Sochi, Sochi 11 de outubro 16 Gran Premio dos Estados Unidos Circuíto das Américas, Austin, Texas 25 de outubro 17 Gran Premio de México Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México 1 de novembro 18 Gran Premio do Brasil Autódromo José Carlos Pace, São Paulo 15 de novembro 19 Gran Premio de Abu Zabi Circuíto de Yas Marina, Abu Dabi 29 de novembro Fonte:

Cambios

Cambios no calendario

O Gran Premio de México volve ao calendario da Fórmula Un por primeira vez desde a tempada . O Gran Premio de Alemaña tiña que disputarse en Nürburgring, de conformidade co acordo de reparticición de carreiras que se estableceu entre o circuíto de Nürburgring e o de Hockenheimring en 2008. Nürburgring acollera a carreira en 2013 polo que tocáballe acollela de novo en 2015, pero foi deixada fóra da axenda provisional, deixando o acordo de repartición de carreiras nun punto morto. Con ningún circuíto disposto a acoller a carreira, o evento foi finalmente cancelado, deixando ao país fora do calendario de Grandes Premios por primeira vez desde . O Gran Premio da India foi cancelado por segundo ano consecutivo tras disputas fiscais entre a FIA e o goberno de Uttar Pradesh. O Gran Premio de Corea estaba programado para regresar ao calendario de Fórmula Un logo de ser eliminado en , pero o plan foi abandonado en última instancia.