Robert Bertram Schwartz, nado nos Ánxeles o 23 de novembro de 1934 e finado nos Ánxeles o 1 de xullo de 2024, foi un guionista estadounidense.

Traxectoria Towne foi coñecido pola realización de numerosos guións para filmes como Chinatown, pola que gañou o Oscar. Foi ademais candidato noutras dúas ocasións, polos guións deThe Last Detail e Shampoo. Tras varios anos de traballo no guión de Greystoke: a lenda de Tarzán, o rei dos monos, quedou descontento co resultado, ao que o levou a decidir non aparecer nos créditos do filme. No seu lugar utilizou o nome do seu can, P.H. Vazak, que acabou sendo candidato ao oscar.

Tamén dirixiu algúns filmes, como Tequila Sunrise e Pregúntalle ao vento e escribiu guións para a televisión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal