Tin Toy é unha curtametraxe de animación de Pixar que foi estreada en 1988.

Sinopse Tin Toy é un xoguete acabado de mercar que chega a unha casa, onde ve a un bebé que comeza a romper xoguetes. O bebé ve a Tin Toy e vai a por el. Asustado, Tin Toy empeza a correr por toda a sala fuxindo do bebé ata que se agocha debaixo do sofá, onde hai moitos outros xoguetes que coma el se agochan do cativo. Cando o bebé empeza a chorar, Tin Toy sente compaixón, sae do seu agocho e deixa que xogue con el. O bebé colle a Tin Toy e axítao no aire, pero axiña deixa de xogar con el e ponse a rebeirar coa caixa na que viña Tin Toy. Ofendido, Tin Toy anóxase co bebé porque non lle fai caso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Tin Toy na IMDb Tin Toy na Big Cartoon DataBase

Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada Categoría:Filmes preservados no National Film Registry