Boundin' é unha curtametraxe de animación de Pixar estreada no 2003. Foi emitida nos cines antes da estrea de The Incredibles.
Sinopse A curta está protagonizada por unha ovella, que vive no oeste americano, cuxa elegancia e baile son moi populares entre os outros animais. Un día, o seu pastor chega e rápalle a la. Sen a súa fermosa cobertura, a ovella vólvese tímida e perde a confianza que lle facía bailar tan elegantemente. Tan apoucado estaba que un jackalope que se cruza con el ensínalle as vantaxes de "chimpar" ben alto. A ovella esquece o seu problema cos chimpos e recupera a súa vida feliz. A la vólvelle medrar no inverno, só para que lla volvan cortar de novo, pero o seu orgullo está restaurado e xa non lle importa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Boundin' na IMDb ''Boundin''' na Big Cartoon DataBase
Categoría:Curtametraxes de Pixar Categoría:Filmes de 2003